A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convocou para o ano 2026, a través da Orde do 30 de decembro de 2025, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil (Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 30 de xaneiro de 2026).
Mediante a Resolución do 24 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, publícase a Resolución do 23 de abril de 2026 de concesión das subvencións presentadas ao abeiro da devandita Orde do 30 de decembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 5 de maio).
O artigo 17 da orde de convocatoria establece a data límite do 15 de outubro de 2026 para a presentación da xustificación dos gastos e do cumprimento das accións do proxecto subvencionado.
Así mesmo, no devandito artigo 17 da orde determínase a documentación necesaria para xustificar a axuda concedida.
Unha vez que o órgano encargado da instrución revisou as xustificacións presentadas ao abeiro da devandita orde de convocatoria, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben porque non a presentaron, ben porque conteñen erros ou porque non son suficientes para determinar o cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.
O artigo 17.6 da devandita orde establece que, logo de que transcorra o prazo establecido de xustificación sen que se presente esta perante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. Non presentar a xustificación no devandito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Presentar a xustificación no devandito prazo adicional non eximirá a entidade beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.
Así mesmo, o artigo 15 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida, ditado polo órgano instrutor do procedemento o día 26 de outubro de 2026, no que se relacionan as entidades que deben emendar as xustificacións e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura como anexo a esta resolución.
2. Indicarlles expresamente ás entidades beneficiarias que se relacionan no requirimento recollido no anexo que, no prazo de dez días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, de conformidade co artigo 17.6 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará perder o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.
3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 15 ou 881 99 65 30.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Requirimento de emenda da documentación xustificativa
das axudas concedidas
Convocatoria: Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS320A).
Acto administrativo: requirimento de emenda da documentación xustificativa das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025.
Data do acto: 26 de outubro de 2026.
Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.
Efectos: as entidades beneficiarias que se relacionan a seguir terán un prazo máximo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer,comportará perder o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan de conformidade co artigo 17.6 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Relación de expedientes:
|
Número de expediente
|
Solicitante
|
NIF da entidade
|
Documentación requirida
|
|
BS320A 2026/003
|
Fundación Eduardo Pondal
|
G70262951
|
– Xustificación da axuda concedida (artigo 17.2)
|
|
BS320A 2026/007
|
Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra.
COGAMI-Pontevedra
|
G36704195
|
– Memoria explicativa das actividades realizadas
(artigo 17.2.a) – Memoria económica (artigo 17.2.b) – Anexo III (artigo 17.2.c) – Anexo IV (artigo 17.2.d)
|
|
BS320A 2026/022
|
Fundación Ingada
|
G70394374
|
– Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (artigo 4.a.4)
|
|
BS320A 2026/023
|
Asociación Xuvenil Saraiba do Mar
|
G36324523
|
– Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (artigo 4.a.4) – Memoria económica (artigo 17.2.b) – RNT dos meses de xullo e agosto ((artigo 17.2.d.4º) – Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias (artigo17.2.a)
|
|
BS320A 2026/030
|
Asociación do Centro de Desenvolemento Rural
O Viso
|
G32122376
|
– Anexo III: revisar os datos das subvencións concedidas para o mesmo proxecto (artigo 17.2.c) – Anexo IV: revisar os datos das persoas voluntarias (artigo 17.2.d)
|
|
BS320A 2026/033
|
Concello de Quiroga
|
P2705000D
|
– Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (artigo 4.a.4)
|
|
BS320A 2026/038
|
Concello de Ribadavia
|
P3207000E
|
– Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a)
|
|
BS320A 2026/042
|
Concello de Boqueixón/Voluntariado Social
|
P1501200H
|
– Memoria de actividades realizadas (artigo 17.3.a): revisar o número de persoas voluntarias indicadas e as datas das actividades – Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a) – Anexo V (artigo 17.3.c): completar o NIF das persoas voluntarias – Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (artigo 4.a.4)
|
|
BS320A 2026/044
|
Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado
|
P3604200J
|
– Acreditación de ter debidamente contratados os seguros de responsabilidade civil e de accidentes durante toda a execución do proxecto (artigo 4.a.4) – Autorización das persoas titoras para que as persoas menores de idade poidan participar (artigo 2.1) – Anexo III: revisar os datos do importe total do proxecto (artigo 17.3.b) – Conta xustificativa (artigo 17.3.d) – Informe de intervención (artigo 17.3.d) – Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.3.a)
|
|
BS320A 2026/045
|
Asociación Altaír Galiza
|
G27439124
|
– Anexo IV: debidamente asinado. Revisar os importes, o custo total debe coincidir co reflectido no anexo III
(artigo 17.2.d) – Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a)
|
|
BS320A 2026/050
|
Asociación Grupo Scout Ilex
|
G32466187
|
– Anexo IV: copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente dos gastos realizados (artigo 17.2.d)
|
|
BS320A 2026/053
|
Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental
|
G15983570
|
– Memoria económica (artigo 17.2.b): revisar as porcentaxes indicadas nas facturas de teléfono – Presentar os xustificantes de recepción detallados dos pagamentos realizados para xustificar as facturas aboadas polo persoal da entidade – Presentar o xustificante de pagamento das taxas de emisión dos certificados de acción voluntaria
|
|
BS320A 2026/054
|
Somosterra Sociedade Cooperativa Galega
|
F27874528
|
– Anexo III (artigo 17.2.c) – Remitir a copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 17.2.d) – Relación actualizada dos datos das persoas voluntarias (artigo 14.5) – Memoria económica (artigo 17.2.b): detallar os gastos de persoal por mes e indicar do cálculo sobre líquido ou bruto – Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias (artigo17.2.a)
|
|
BS320A 2026/055
|
Asociación Sustinea
|
G32422834
|
– Xustificación da axuda concedida (artigo 17.2)
|
|
BS320A 2026/056
|
Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo
|
G27013309
|
– Anexo III (artigo 17.2.c): indicar os puntos 1 e 5 – Anexo IV (artigo 17.2.d) – Remitir a copia das nóminas e facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil dos gastos realizados (artigo 17.2.d.1º) – Documentación acreditativa do pagamento das facturas presentadas (artigo 17.2.d.1º) – Acreditación da titularidade da tarxeta de crédito
(artigo 17.2.d.1º)
|
|
BS320A 2026/060
|
Federación ASDE-Scouts de Galicia-Exploradores de Galicia
|
G70305008
|
– Anexo III: revisar as cantidades reflectidas (artigo 17.2.c) – Anexo IV: revisar os datos das persoas voluntarias e completar o apartado de gastos correntes (artigo 17.2.d) – Completar a solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a)
|