DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 5 de novembro de 2026 Páx. 55711

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 167, do 4 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

En vista dos escritos presentados con posterioridade á publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para este proceso selectivo,

DISPOÑO:

Excluír as seguintes persoas aspirantes do proceso selectivo para o ingreso na categoría 10C Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***1115**

Estévez Souto, Jaime

Libre

43

***0947**

García Collazo, Samuel Olaf

Libre

43

Excluír as seguintes persoas aspirantes do proceso selectivo para o ingreso na categoría 14 Bombeiro/a forestal, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***7211**

Castro Espada, Israel

Libre

43

***8189**

López Toimil, Adrián

Libre

43

***4199**

Ortega Navas, Beatriz

Libre

43

Excluír as seguintes persoas aspirantes do proceso selectivo para o ingreso na categoría 14A Bombeiro/a forestal condutor, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***4836**

Bouza Murias, Jesús

Libre

43

***6686**

Fernández Águila, Luis Alberto

Libre

43

***2393**

Núñez Fernández, Joaquín

Libre

43

***9459**

Santiso Santos, Juan

Libre

43

43

Desistencia da solicitude

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal