DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 5 de novembro de 2026 Páx. 55713

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 14 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

Segundo a base I.2.7 da convocatoria, non poderá participar no proceso selectivo o persoal laboral fixo que xa pertence á mesma categoría, polo que

DISPOÑO:

Excluír as seguintes persoas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 14, bombeiro/a forestal, do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***9760**

Alonso Pacheco, Jorge

Libre

44

***6962**

Canosa Ferrio, Rebeca

Libre

44

44

Xa pertence ao corpo, escala ou categoría á cal se presenta

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal