DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 5 de novembro de 2026 Páx. 55715

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG número 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 5 de novembro de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro), do 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro) e do 16 de marzo de 2026 (DOG núm. 53, do 20 de marzo), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos/as de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.

Mediante a Resolución do 13 de abril de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 68, do 14 de abril), convocáronse para a elección de destino definitivo as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 26 de decembro).

Pola dita resolución resólvese o decaemento da seguinte persoa aspirante por non acreditar a titulación exixida no anexo III da convocatoria:

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

17

***0990**

Ventoso Dapena, Julio

3

3. Non acreditar a titulación exixida no anexo III da convocatoria.

O 26 de outubro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante.

A base III.4 da convocatoria dispón que «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas (...). Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».

Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, pola orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2026

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: C1/B (concurso).

Corpo/categoría: corpo de técnicos de carácter facultativo, escala técnica do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal xefe/a de brigada (209U).

Prazas acceso libre: 17.

Prazas acceso base I.1.1: 0.

Núm. de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

17

***3973**

Vázquez Grandas, Manuel

Libre

40,140