DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 5 de novembro de 2026 Páx. 55718

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a motobomba, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e a Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 5 novembro de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro), do 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro) e do 16 de marzo de 2026 (DOG núm. 53, do 20 de marzo), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021 para o ingreso, mediante o sistema de concurso, na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a motobomba, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución do 13 de abril de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 68, do 14 de abril), convocáronse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 33 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocadas pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro).

Por esta resolución acéptanse as renuncias e resólvense os decaementos das persoas aspirantes que se relacionan no anexo I, con indicación do motivo:

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

2-212

***1375**

Martínez Barja, Javier

5

207

***9440**

Rodríguez Sueiro, José Luis

1

208

***6823**

Arias González, José

1

209

***2825**

Abeijón Villaverde, José Ramón

1

211

***0705**

Fraga Calvo, Francisco

1

212

***4260**

Barrera González, Adrián

1

213

***9754**

Fernández García, Gumersindo

1

214

***6139**

Blanco Cacheda, Adrián

1

215

***1440**

Caamaño Caamaño, Darío

1

219

***1823**

Álvarez Rodríguez, Manuel Eduardo

1

220

***1505**

Pérez Basadre, José Antonio

1

1. Renuncia.

5. Non tomar posesión na praza adxudicada na elección de destino anterior.

Mediante a Resolución do 24 de abril de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 80, do 30 de abril), procédese ao nomeamento como persoal laboral fixo na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), así como á adxudicación de destino definitivo.

Mediante esta resolución acéptase a renuncia da seguinte persoa aspirante:

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

210

***7164**

Villa Ruiz, Manuel

Renuncia

O 26 de outubro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña 12 novas persoas aspirantes.

A base III.4 da convocatoria dispón que «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas (...). Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal laboral fixo».

Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo, pola orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a devandita relación complementaria de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2026

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: grupo IV (concurso).

Corpo/categoría: bombeiro/a forestal condutor/a motobomba (0033).

Prazas acceso libre: 221.

Prazas acceso base I.1.1: 0.

Núm. de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

210

***5184**

González Ferreiro, José

Libre

23,740

211

***3563**

Mallo Rodríguez, Antonio

Libre

23,320

212

***2662**

Codesido Gómez, Miguel

Libre

23,120

213

***3532**

Barro Seoane, José

Libre

23,100

214

***0164**

Mancebo Castiñeira, Javier

Libre

22,600

215

***5842**

Vázquez Pena, Carlos

Libre

22,510

216

***9846**

Campos González, David

Libre

22,500

217

***9028**

Varela Guerra, Juan Ramón

Libre

22,500

218

***0466**

Graíño Pazos, Gonzalo

Libre

22,500

219

***9339**

Sandes Cabo, Carlos

Libre

22,250

220

***4423**

Arias Pérez, Jesús

Libre

21,960

221

***5405**

López López, Amancio

Libre

21,815