DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 5 de novembro de 2026 Páx. 55722

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 28 de outubro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 5 de novembro de 2025 (DOG núm. 216, do 7 de novembro), do 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), do 20 de febreiro de 2026 (DOG núm. 36, do 24 de febreiro) e do 16 de marzo de 2026 (DOG núm. 53, do 20 de marzo), elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso mediante o sistema de concurso, corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal.

Mediante a Resolución do 13 de abril de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 68, do 14 de abril), convócanse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro).

Por medio desta resolución resólvese o decaemento das persoas aspirantes que se relacionan no seu anexo I, coa indicación do motivo correspondente:

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

155

***9028**

Varela Guerra, Juan Ramón

2

2. Non presentar a documentación no prazo fixado (base V.2 da convocatoria).

Mediante a Resolución do 24 de abril de 2026, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG núm. 80, do 30 de abril), procédese ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, especialidade bombeiro/a forestal, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), así como á adxudicación de destino definitivo.

Por medio desta resolución acéptase a renuncia e exclúense as seguintes persoas aspirantes:

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Motivo da exclusión

153

***8591**

Saavedra Lemos, José Manuel

1

154

***3563**

Mallo Rodríguez, Antonio

2

1. Renuncia.

2. Excluído segundo o artigo 11.1 da Lei 5/2022, de 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.

O 26 de outubro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña tres novas persoas aspirantes.

A base III.4 da convocatoria dispón que «a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas (...). Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou se do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira».

Por todo isto, este tribunal acorda facer pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o devandito proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas no concurso e coa indicación do seu documento nacional de identidade, coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal.

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme ao artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e á disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a referida relación complementaria de aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas afectadas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2026

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: C2 (concurso).

Corpo/categoría: corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, escala

auxiliar do SPDCIF, especialidade bombeiro/a forestal (207U).

Prazas acceso libre: 155.

Prazas acceso base I.1.1: 0.

Núm. de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

153

***2443**

Núñez González, Miguel

Libre

37,000

154

***9900**

Sendón Moreira, Javier

Libre

36,825

155

***2932**

Trashorras Rodríguez, Armando

Libre

36,820