DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 6 de novembro de 2026 Páx. 56016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 22 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-PR212B-2026/00536).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa identificada no anexo a resolución ditada no procedemento de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular do Departamento Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, se atopa á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non lle pon fin á vía administrativa, polo que pode ser recorrida en alzada perante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o devandito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 22 de outubro de 2026

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE

Acto notificado

LU-PR212B-2026/00536

Z2887600R

Resolución de cancelación da inscrición