Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo establecido.
O prazo do que dispón a persoa solicitante do dereito a achegar a documentación requirida é de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a comisión ditará resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito se a persoa solicitante non cumpre coa súa obriga de xustificar que reúne os requisitos previstos na lei.
Lugo, 22 de outubro de 2026
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE/Pasaporte |
|
PR204A 2026/3513-2 |
46185419Q |
|
PR204A 2026/4235-2 |
X0943645R |
