DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 6 de novembro de 2026 Páx. 56028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto para unha plantación de kiwis con estrutura antisarabia, rega antixeada e microaspersión na parroquia de Vilouchada, concello de Trazo (A Coruña) (expediente 2025/0020).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 22 de outubro de 2026 do proxecto para unha plantación de kiwis con estrutura antisarabia, rega antixeada e microaspersión na parroquia de Vilouchada, concello de Trazo (A Coruña), promovido por Cool Kiwi, S.L.

Este informe poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade