De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 22 de outubro de 2026 do proxecto de instalación do sistema de almacenamento de enerxía de baterías (BESS) Meirama de 2,5 MW e a súa infraestrutura de evacuación, no concello de Ordes (A Coruña) promovido por Ausma Investments, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
