DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de outubro de 2026, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente C-106-CD/67, conta 21.

Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será a sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 20 de outubro de 2026

Ainhoa Comellas Melero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoas interesadas

Acto obxecto da notificación

Herdeiros de Mercedes Pena Franco

Notificación da resolución pola que se acorda resolver o contrato de acceso diferido dunha vivenda e comunicación do prazo para a retirada de mobles, que se considerarán abandonados se non son retirados.

Expediente C-106-CD/67, conta 21