No Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 1 de Vigo, tramítase o recurso 301/2026 (procedemento abreviado), interposto por Caterina Aversa fronte á desestimación presunta do recurso de reposición interposto o 4 de xuño de 2026 contra a Resolución do 24 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 87, do 12 de maio) (especialidade: Oncoloxía Médica).
A recorrente non está conforme coa puntuación obtida no apartado de experiencia profesional, o que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
