DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-OU-117/2026-VNA.

De conformidade co que dispón o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo director territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de que transcorra este prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación considerarase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.

Ourense, 23 de outubro de 2026

O director territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 12.7.2022)
Iván Rodríguez Jiménez
Xefe do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

Expediente: MON-OU-117/2026-VNA.

Persoa interesada: 34544910Z.

Acto de notificación: incoación de procedemento sancionador.