DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 783.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 16 de outubro de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 783 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 623,40 m².

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Actual titular: Eduardo Cores Romero (***2583**).

Nova titular: María Beatriz Cores Vila (***4323**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de outubro de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo