DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de setembro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de obras no concello de Sanxenxo (expediente DH.W36.107473).

José Fernández Barbeito solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:

Solicitante: José Fernández Barbeito.

Expediente: DH.W36.107473.

Lugar/parroquia: Barbeito/Adina.

Concello: Sanxenxo.

Descrición das obras: construción de 22,76 m de muro de peche composto por un zócalo de 30,00 cm de altura e por unha malla metálica por riba deste de 1,20 m de altura, na zona de policía do leito do Rego de Fabaíños (cód. río: 265002) e a unha distancia mínima de aproximadamente 1,00 m á aresta superior do noiro existente no interior da parcela con referencia catastral 36051A003008210000FT, que finaliza nese leito público.

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para o coñecemento xeral, por un prazo de vinte (20) contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións durante o prazo sinalado, no Concello de Sanxenxo ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, 3-4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Vigo, 28 de setembro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Sur