DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de setembro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Caldas de Reis (expediente DH.A36.114996).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: María del Carmen Bustelo Conde.

Expediente: DH.A36.114996.

Volume total anual: 562,31 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,31 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: manancial na parcela 131, polígono 90, do Catastro de Caldas de Reis.

Lugar: Os Castaños.

Parroquia: Caldas de Reis (Santa María).

Concello: Caldas de Reis.

Descrición:

Preténdese bombear auga dunha captación xa existente e fóra de uso na actualidade para que volva abastecer a vivenda.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 30 de setembro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Sur