En cumprimento do previsto no artigo 144.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de modificación de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Cacheiro.
Expediente: DH.A36.02200.
Volume total anual: 9.877,00 m3.
Caudal máximo instantáneo: 0,068 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: manancial na parcela 567 do polígono 413 do Catastro de Pontevedra.
Lugar: A Canicouva.
Parroquia: A Canicouva.
Concello: Pontevedra.
Descrición:
A modificación consiste na captación dun novo manancial e na condución desa auga a un depósito xa autorizado na parcela 415, polígono 34.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 14 de outubro de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
