DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de outubro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.107798).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ramón Casal Rumbo/Comunidade de Usuarios de Berres.

DNI: ***3170**.

Expediente: DH.A36.107798.

Volume total anual: 16.675 m3/ano.

Destino: rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Vilasusán e Rabuñado.

Parroquia: Berres (San Vicenzo).

Concello: A Estrada.

Descrición do aproveitamento:

Este anuncio substitúe por completo o anuncio publicado o 13 de abril de 2026 no DOG número 67 para o mesmo expediente, xa que se modificaron os puntos de captación e a definición do aproveitamento.

O aproveitamento agora solicitado consiste na captación de augas superficiais do rego do Rabuñado en torno ao punto de coordenadas UTM x= 547.751 y= 4.732.266 mediante unha construción tradicional en pedra, e a súa derivación mediante canles a ceo aberto nunha lonxitude duns 971 m e tubaxes nuns 103 m, así como a captación das augas que parten dun manancial situado na parcela 36017M503003900000FE, con destino á rega dunhas 6,67 ha en diversas parcelas nos lugares de Vilasusán, Rabuñado e Pazos.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar unha cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2026

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro