De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder practicala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que, no prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
No caso de non facelo, considerarase que desisten da súa solicitude, que se arquivará despois de se ditar a correspondente resolución.
O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Pontevedra, 23 de outubro de 2026
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
PO-PR212E/2026/03266 |
61593613G |
