DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 23 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica unha resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-PR212E/2026/03364 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As resolucións dos expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas un recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.

Pontevedra, 23 de outubro de 2026

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-PR212E/2026/03364

30158971Z

PO-PR212B/2026/03389

35569045M

PO-PR212E/2026/03444

35599917B

PO-PR212B/2026/03482

44087728V