DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de campamento de turismo na parroquia de Panxón, no concello de Nigrán (expediente 2026/0097).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 26 de outubro de 2026 do proxecto de campamento de turismo na parroquia de Panxón, no concello de Nigrán (Pontevedra) promovido por Grupo Inmobiliario Laxas, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade