DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución de concesión de ocupación de mil trescentos nove (1.309) metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre con destino á construción dunha pasarela para a conexión entre ambas as marxes do río Baxoi, no termo municipal de Miño (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 22 de outubro de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:

Titular: Concello de Miño.

Destino: construción dunha pasarela para a conexión entre ambas as marxes do río Baxoi.

Superficie: 1.309 m².

Prazo: 15 anos.

Canon: exento.

A resolución completa poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/EXP-A-2025-370-C.pdf

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2026

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático