Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e dos xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA PDS804 apoio 71, no concello do Porto do Son (expediente IN407A 2020/204-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, que terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.
A Coruña, 26 de outubro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2020/204-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA PDS804 apoio 71.
Concello: O Porto do Son.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
Barrento |
7531019MH9273S0001UM |
Descoñecida |
1.12.2026 |
11.00 |
|
3 |
Cancelas |
15072A029019630000PO |
Beatriz Ogando Hermida e Emilio José Hortas Fernández |
1.12.2026 |
11.00 |
