DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2026/135-4).

Expediente: IN407A 2026/135-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Soterramento LMT BAL702 entre o CT Fragoselo (36C670) e o CT Auto Fraga-Fragoselo (36CYX9).

Concello: Vigo.

Feitos:

1. O 4 de xuño de 2026, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Soterramento LMT BAL702 entre o CT Fragoselo (36C670) e o CT Auto Fraga-Fragoselo (36CYX9).

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro eléctrico Rubén Fervenza Nicolás, colexiado 4684 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e contén un orzamento total de 127.680,42 euros.

Logo de examinar o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade soterrar un tramo da liña de media tensión aérea (LMTA) da saída BAL702 (MOASA 2) para ampliar a súa capacidade e mellorar o socorro desde a saída GON805 (Monteferro 5).

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, Augas de Galicia e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por Augas de Galicia e polo Concello de Vigo.

O Servizo do Patrimonio Cultural non emitiu o condicionado técnico e enténdese, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da devandita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

3. O 17 de agosto de 2026, os servizos técnicos deste departamento territorial emitiron un informe favorable ás autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica Soterramento LMT BAL702 entre o CT Fragoselo (36C670) e o CT Auto Fraga-Fragoselo (36CYX9).

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. As características técnicas da instalación son as que se describen a seguir:

– Desmontaxe de 746 metros (372 metros en condutor LA-56 e 374 metros en condutor LA-30) entre os apoios 9U6V8SJ0//D46-8 e 9UDS7SGT//D46-15.

– Retirada de oito apoios, cinco metálicos e tres de formigón.

– Desmontaxe de 63 metros da liña de media tensión subterránea (LMTS) entre o CT Fragoselo (36C670) e o apoio 9U6V8SJ0//D46-8 e de 29 metros da LMTS entre o apoio 9UDS7SGT//D46-15 e o centro de transformación Fraga-Fragoselo (36CYX9).

– LMTS a 15 kV con condutor RHZ1 3×(1×240) mm² Al de 612 metros de lonxitude, con orixe no CT Fragoselo (36C670) e final no CT Fraga-Fragoselo (36CYX9).

A instalación está situada na estrada de Fragoselo e no camiño Río da Barxa, na parroquia de San Salvador de Coruxo, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Soterramento LMT BAL702 entre o CT Fragoselo (36C670) e o CT Auto Fraga-Fragoselo (36CYX9) (expediente IN407A 2026/135-4).

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para realizar as obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:

1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.

2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

3. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para poñer en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra no que se garantirá que se cumpren as especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como as regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

Incumprir as condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 16 de outubro de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra