Expediente: PB 11/2024.
Solicitante/promotor: Norvento, S.L.
Denominación: Bess Farrapa II-Hibridación parque eólico Farrapa II e a súa infraestrutura de evacuación.
Concello: Abadín.
Características técnicas recollidas no proxecto:
• Capacidade de acceso de xeración: 14,4 MW.
• Potencia de almacenamento por convertedor: 7,2 MW.
• Capacidade de almacenamento: 60 MWh.
• Tecnoloxía de baterías: ión litio-ferrofosfato (LFP).
A instalación está composta por:
• (12) contedores de baterías de ión litio LFP, con configuración da batería 12P416S (12 racks en paralelo con 410 celas en serie cada un), do que resulta unha enerxía útil por contedor de 5,016 MWh (limitada a 5 MW).
• (2) convertedores electrónicos de potencia modelo Norvento nXL PCS 7200 (ou similar), cunha potencia nominal unitaria de 7,171 MVA (a 40 ºC- 1500 Vdc. A tensión de saída de cada convertedor é de 690 Vac.
• (2) transformadores elevadores de 690 V a 30 kV, conectados á barra de media tensión da subestación SET do parque eólico Farrapa II mediante unha rede colectora e unha cela de entrada de liña.
• Liña subterránea de media tensión de 30 kV, que conectará electricamente a subestación SET do parque eólico Farrapa II co sistema de almacenamento.
• Novo embarrado de celas de media tensión na subestación SET do parque eólico Farrapa II con características análogas ás celas existentes nesa SET. Estas celas permitirán integrar o circuíto de xeración do parque eólico Farrapa II e o novo sistema de almacenamento.
• Centro de seccionamento que conterá un embarrado no cal se unificarán os 2 circuítos de almacenamento procedentes dos convertedores. Ademais, conta cunha cela de protección para o transformador de servizos auxiliares e unha cela de liña de saída cara á subestación.
• Sistemas de control, comunicacións e monitorización (PMS, Scada).
• Sistema de posta á terra.
• Sistema de protección contra incendios en cada contedor de baterías, consistente na detección e extinción automáticas mediante aerosois condensados.
• Sistema de refrixeración líquida asociado a cada contedor de baterías para manter as condicións de temperatura e humidade de deseño no interior de cada contedor e disipar a calor producida polos equipamentos de funcionamento.
• Obra civil; execútase unha plataforma nas inmediacións da subestación SET parque eólico Farrapa II, que soportará os 14 contedores de 20 pés, así como as gabias necesarias para o aloxamento das canalizacións de cables que conecten os sistemas de acumulación de enerxía e o convertedor de potencia coa subestación.
1. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (rolda da Muralla, 2ª planta, 27071 Lugo), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-de-xeracion/abadin
O anterior faise público para o coñecemento xeral e exame da documentación técnica e, de ser o caso, a presentación das alegacións ou observacións que se consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste acordo.
Lugo, 2 de novembro de 2026
Gustavo Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
