DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 19 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de redacción das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Lousame (expediente IN407A 2025/135-1).

Logo de outorgarse a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol en LMT BOI806 en 9OXCM7M8//124, no concello de Lousame (expediente IN407A 2025/135-1), mediante a Resolución deste departamento territorial do 3 de xullo de 2026, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, este departamento territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e co artigo 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957,

ACORDA:

Sinalar o día 14 de decembro de 2026 para a redacción das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Lousame, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 5 de marzo de 2026, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 16 de febreiro de 2026 e no xornal La Voz de Galicia do 20 de febreiro de 2026. A este acto poderán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, que serán notificadas individualmente e ás que se lles indicarán os horarios da toma de datos sobre o terreo e da posterior redacción das actas nas oficinas da casa consistorial do devandito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben cando, logo de intentar esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 19 de outubro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña