DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 9 de novembro de 2026 Páx. 56256

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 26 de outubro de 2026 pola que se declara deserto un posto vacante na Axencia Galega da Industria Forestal, convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 18 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 185, do 29 de setembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria, mediante a Orde do 18 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 185, do 29 de setembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2026

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria

ANEXO I

Código: EI.A21.00.000.15770.001.

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a.

Dependencia: Axencia Galega da Industria Forestal.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1/C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 8.064,84 €.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).