DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 10 de novembro de 2026 Páx. 56476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de outubro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2022/165-1, no concello de Outes.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio, convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT TA2808 apoios 54-A-47-B-1 ao 54-A-47-B-4, no concello de Outes (expediente IN407A 2022/165-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.

A Coruña, 26 de outubro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/165-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT TA2808 apoios 54-A-47-B-1 ao 54-A-47-B-4.

Concello: Outes.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade

Data

Hora

3

Braño

Polígono: 501

Parcela: 84

Herdeiros de Delfina Lourido Sendón

1.12.2026

12.30

4

Braño

Polígono: 501

Parcela: 99

Manuel Conde Lema

1.12.2026

12.30