Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio, convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e intereses, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de telecontrol en LMT SAD713 apoio AKPO6EI1//15C485-5, no concello de Sada (expediente IN407A 2022/078-1), correspondentes ás fincas e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.
A Coruña, 26 de outubro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/078-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Instalación de telecontrol en LMT SAD713 apoio AKPO6EI1//15C485-5.
Concello: Sada.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
Esperela |
15076A012002830000EU |
Descoñecida |
2.12.2026 |
12.30 |
