Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do xusto prezo fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA VLL813 no tramo entre os apoios números 152 e 156, na Casa do Concello de Esgos, segundo a data e a hora que se sinalan no anexo.
As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas, ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF e mais os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do xusto prezo máis os xuros correspondentes.
Ourense, 26 de outubro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos,
con domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2024/107-3.
Instalación: Regulamentación da LMTA VLL813 no tramo entre os apoios números 152 e 156.
Concello: Esgos.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Convocatoria:
Data: 30 de novembro de 2026.
Lugar: casa do concello de Esgos.
Hora: véxase a táboa.
|
Nº de predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Hora |
|
2 |
Pereiriñas |
32032A004000740000JI |
María Elvira Garrido Touza |
13.00 |
