O que subscribe, Cándido Rivas Campo, veciño de Camiño de Figueiras de Reboreda, lugar de Santo Paio de Abaixo, parroquia de Santa María de Reboreda, concello de Redondela (Pontevedra), por medio deste anuncio convoco a asemblea xeral ordinaria a todos os usuarios de augas, da Comunidade de Usuarios de Canudo-Redondela, que terá lugar o 13.12.2026, ás 9.30 e ás 10.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, na Sociedade Labrega Cultural de Reboreda, coa seguinte:
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Estado de contas.
3. Informe do estado da concesión.
4. Discutir aprobación de derrama para instalar unha nova tubaxe principal desde os depósitos á rede polo camiño da Lavandeira 500-600 euros por billa.
5. Comentar o estado das instalacións e posibles melloras.
6. Autorización á Xunta de Goberno para solicitar subvencións para o período 2027-2028.
7. Renovación parcial da Xunta Directiva.
8. Rogos e preguntas.
Reboreda-Redondela, 18 de outubro de 2026
Cándido Rivas Campo
Presidente da Comunidade de Usuarios de Canudo-Redondela
