A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión ordinaria do día 27 de marzo de 2026, acordou aprobar o proxecto de texto inicial, que figura anexo á súa certificación, co seguinte título: Proposta de convenio urbanístico de execución de planeamento, zona 1, praza de España, sobre as parcelas sitas na praza de España, entre a avenida Gran Vía, a rúa Honduras, a rúa Caracas e a rúa Fernando Conde.
O devandito convenio asinouse o 13 de outubro de 2026 nas dependencias da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.
De conformidade co disposto no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, unha vez negociados e subscritos os convenios, estes someteranse ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, por un período mínimo dun mes (artigo 168.1 da Lei do solo de Galicia).
Poderá consultarse o convenio asinado o 13 de outubro de 2026, xunto coa certificación do acordo íntegro adoptado pola Xunta de Goberno Local o 27 de marzo de 2026, na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_convenios.php?lang=gal
Vigo, 15 de outubro de 2026
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda
