DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 10 de novembro de 2026 Páx. 56528

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 28 de setembro de 2026, da Xerencia Municipal de Urbanismo, sobre o recurso contencioso-administrativo PO 4430/2025.

Nesta administración recibiuse un oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso contencioso-administrativo número 4430/2025 p. ordinario, interposto pola Asociación Vecinal San Miguel de Oia contra o Acordo do Pleno do Concello de Vigo do 26 de maio de 2025 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, que se aprobou en revisión do Plan xeral de ordenación urbana de 1993, no que se solicita que se remita o expediente administrativo e se empracen as persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito oficio, a Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou remitirlle o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Notifícase isto para coñecemento xeral de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que poidan comparecer e presentarse como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de setembro de 2026

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno
de Urbanismo e Vivenda