DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56541

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 137/2026, do 9 de novembro, polo que se nomea un membro da Xunta Electoral de Galicia.

O artigo 14, no seu número 1, letras c) e d), da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, establece que a Xunta Electoral de Galicia está composta, entre outros, por catro vogais maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por catro vogais profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das universidades de Galicia.

Mediante o Decreto 160/2024, do 24 de xuño, nomeáronse os membros da Xunta Electoral de Galicia.

O día 27 de outubro de 2026, Gumersindo Guinarte Cabada presentou a súa renuncia ao cargo de vogal da Xunta Electoral.

A Mesa do Parlamento de Galicia propón unha nova vogal da dita xunta electoral, designada de conformidade co establecido no número 2.b) do dito artigo 14.

Polo exposto, e en cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear, por proposta da Mesa do Parlamento de Galicia, vogal da Xunta Electoral de Galicia a profesora que a seguir se indica:

– Inmaculada Valeije Álvarez

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de novembro de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente