A Lei 11/2022, do 28 de xuño, xeral de telecomunicacións, establece que as telecomunicacións son servizos de interese xeral e que as administracións públicas contribuirán a garantir e facer real unha oferta suficiente de lugares e espazos físicos nos que os operadores decidan instalar as súas infraestruturas.
Así mesmo, no artigo 45 da citada Lei 11/2022, do 28 de xuño, sinala que os operadores terán dereito, nos termos establecidos neste artigo, á ocupación do dominio público necesario para o establecemento da rede pública de comunicacións electrónicas de que se trate.
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ten adscrito o inmoble situado na rúa Roma 25-27, Fontiñas, Santiago de Compostela, sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, no que existe un mastro tubular, un espazo físico situado no soto do edificio susceptible de ser utilizado como zona de máquinas e un espazo físico para a instalación dos cables que unirán a zona de máquinas coas antenas situadas no mastro tubular para a instalación de equipos de telecomunicacións.
Segundo o artigo 48.1 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, a competencia para o outorgamento da concesión sobre bens do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia que non veña especificamente determinada por unha norma con rango de lei, corresponde á persoa titular da consellería á que se atope adscrito.
O artigo 1 do Decreto 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sinala que esta consellería é o órgano superior da Administración xeral da comunidade autónoma ao cal, ademais das competencias e funcións establecidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, lle corresponden funcións de apoio e asistencia á Presidencia, así como a elaboración, a proposta e a execución da política do Goberno galego en materia de xustiza, administración local, relacións institucionais e parlamentarias, emerxencias e interior, relacións exteriores e coa Unión Europea, deportes e mobilidade, que exercerá no nivel de desenvolvemento que se indica nese decreto para cada un dos órganos que integran este departamento.
Este procedemento de concesión demanial responde a unha finalidade de interese xeral vinculada á mellora da dispoñibilidade de infraestruturas de telecomunicacións, a garantir o mantemento desta infraestrutura e a ordenar o uso privativo dun ben demanial autonómico, favorecendo a concorrencia entre posibles operadores interesados e asegurando a percepción dun canon a favor da Administración.
Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas, polo Decreto 44/2024, do 14 de abril, polo que se nomean os titulares das consellerías da Xunta de Galicia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar o procedemento para o outorgamento, en réxime de concorrencia, da concesión demanial que habilita o uso privativo dun mastro tubular, dun espazo físico de dez metros cadrados (10 m²) destinado a zona de máquinas e do espazo físico para a instalación dos cables que unirán a zona de máquinas coas antenas situadas no mastro tubular, ubicados na parcela e no soto do edificio, sito na rúa Roma 25-27 de Santiago de Compostela, sede da Dirección xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia.
O prego de condicións que regula esta concesión demanial, xúntase como anexo I a esta Orde.
Artigo 2. Descrición do ben demanial
O ben sobre o que se proxecta a concesión demanial está integrado polos seguintes elementos:
|
Elemento |
Descrición |
|
Localización |
Rúa Roma 25-27, Fontiñas, Santiago de Compostela |
|
Inmoble |
Parcela e edificio sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia |
|
Elemento principal |
Mastro tubular situado na parcela |
|
Espazo auxiliar |
Espazo físico de dez metros cadrados situado no soto do edificio, destinado á zona de máquinas e un espazo físico para a instalación dos cables que unirán a zona de máquinas coas antenas situadas no mastro tubular |
|
Datos rexistrais |
Predio 20960, folio 68, libro 201, tomo 1178 |
|
Referencia catastral |
9084701NH3498C0001KY |
O ben conserva a súa cualificación xurídica como ben de titularidade pública e natureza demanial, polo que a súa utilización privativa por un terceiro require o correspondente título habilitante, sen que o seu outorgamento implique transmisión da titularidade nin alteración da natureza xurídica do ben.
A concesión habilitará á persoa concesionaria para o uso privativo da infraestrutura e dos espazos concedidos e para a posterior explotación comercial, nos termos que se establezan no prego de condicións e no documento de formalización da concesión.
A persoa concesionaria non poderá destinar os bens obxecto da concesión a usos distintos dos expresamente autorizados, nin ceder, alugar ou traspasar a terceiros o dereito de uso concedido, agás nos supostos e condicións que, se é o caso, resulten expresamente autorizados pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Artigo 3. Requisitos de participación
1. Poderán participar neste procedemento calquera persoa, física ou xurídica, española ou estranxeira, que teña plena capacidade de obrar e que conte coa habilitación empresarial ou profesional que, no seu caso, sexa exixible para a realización da actividade ou prestación que constitúa o obxecto da concesión.
No caso de persoas xurídicas, as prestacións obxecto da concesión deberán estar comprendidas dentro dos fins ou do obxecto do ámbito de actividade que a teor dos seus estatutos ou regras fundacionais lles sexan propios.
Tamén poden participar, nos termos previstos no artigo 69 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante, LCSP), as unións temporais de empresarios que se constitúan temporalmente ao efecto.
2. De conformidade co artigo 47 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, non poderán participar aquelas persoas en quen concorrera algunha das prohibicións de contratar reguladas na normativa de contratación pública. Así mesmo, se con posterioridade ao outorgamento da concesión, a persoa titular incorra nalgunha das prohibicións de contratación, producirase a extinción daquela.
As prohibicións de contratar son as previstas no artigo 71 da LCSP.
3. Tampouco poderán participar neste procedemento aquelas persoas que no momento da presentación da solicitude tiveran pendentes obrigas económicas coa Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Publicidade
De conformidade co previsto no artigo 49.4 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, a licitación será publicada no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Artigo 5. Forma e prazo de presentación das solicitudes
1. As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (Silex), dispoñible no enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex, segundo as especificacións recollidas no Manual de servizos de licitación publicado na seguinte ligazón: https://silex.conselleríadefacenda.es/. Durante o prazo de presentación de solicitudes as persoas interesadas poden dirixirse ao servizo de atención ao usuario habilitado no dito sistema, co obxecto de resolver as dúbidas técnicas e de carácter informático derivadas da presentación da solicitude.
Con carácter previo á presentación da solicitude de participación, as persoas interesadas deberán rexistrarse no Silex, seguindo as especificacións recollidas no manual referido no parágrafo anterior.
As solicitudes deberán estar asinadas pola persoa interesada ou polo seu representante, mediante algún dos sistemas de identificación e sinatura electrónica admitidos pola Xuntade de Galicia. A restante documentación deberá achegarse nun dos formatos admitidos no Silex e autenticada mediante a sinatura electrónica recoñecida.
A utilización do devandito sistema Silex permite a presentación de solicitudes, o envío e recepción de documentos e a sinatura electrónica dos documentos.
2. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
3. As solicitudes presentadas fora do prazo serán inadmitidas.
Artigo 6. Acto publico de apertura de ofertas
O acto publico de apertura de sobre B, documentación técnica, e do sobre C, Proposta económica, realizarase por videoconferencia nas datas e horas sinalados neste artigo. As persoas licitadoras poderán confirmar a súa participación no enderezo de correo electrónico sinalado no artigo 7, enviando un correo electrónico dentro do día anterior ao da realización dos actos de apertura de ofertas sinalados.
|
Día |
Hora |
|
|
Acto público apertura sobre B |
11.1.2027 |
10.00 h |
|
Acto público apertura sobre C |
18.1.2027 |
10.00 h |
Artigo 7. Información ás persoas interesadas
1. Sobre este procedemento poderase obter información adicional na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
b) Nos teléfonos 981 54 60 16 e 981 54 60 15.
c) No enderezo electrónico seguridadecoordinación.interior@xunta.gal
2. As persoas interesadas poderán solicitar as aclaracións sobre o contido do prego de condicións e desta orde de convocatoria que consideren pertinentes, dirixindo a consulta ao enderezo de correo electrónico sinalado no punto anterior.
Artigo 8. Recursos
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024; DOG núm. 117, do 18 de xuño)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da consellería de Presidencia,
Xustiza e Deportes
ANEXO
Prego de condicións para o outorgamento, en réxime de concorrencia, da concesión demanial para o uso privativo dun mastro tubular e doutros espazos ubicados na parcela e no edificio sede da dirección xeral de emerxencias e interior, na rúa Roma 25-27, Fontiñas, Santiago de Compostela, para a instalación de equipos de telecomunicacións
Expediente: 2026/1 concesión demanial.
Cláusula primeira. Obxecto
Este prego ten por obxecto establecer as condicións polas que se outorgará, en réxime de concorrencia, a concesión demanial que habilita o uso privativo dun mastro tubular, dun espazo físico de dez metros cadrados (10 m²) destinado a zona de máquinas e do espazo físico para a instalación dos cables que unirán a zona de máquinas coas antenas situadas no mastro tubular, ubicados na parcela e no soto do edificio, sito na rúa Roma 25-27 de Santiago de Compostela, sede da Dirección xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia.
Esta infraestrutura ten como finalidade exclusiva a instalación de equipos de telecomunicacións para servizos de telefonía móbil.
A concesión habilitará o concesionario para o uso privativo do espazo concedido e para a posterior explotación comercial das instalacións, nos termos que se establezan neste prego de condicións e no documento de formalización da concesión.
Cláusula segunda. Descrición dos terreos e espazos obxecto da concesión
Os terreos e os espazos obxecto da concesión demanial son propiedade da Xunta de Galicia, e correspóndese cunha parcela cos seguintes datos rexistrais: predio: 20960 folio: 68 libro: 201 tomo: 1.178 e con referencia catastral: 9084701NH3498C0001KY.
Os licitadores que opten a este procedemento aceptan de xeito incondicional a situación física e xurídica dos terreos obxecto da concesión.
Cláusula terceira. Natureza da concesión e normativa de aplicación
Os bens obxecto da concesión conservarán a súa cualificación xurídica orixinaria como bens de titularidade pública e natureza xurídica demanial.
A concesión demanial do dereito de uso sobre os terreos e os espazos descritos nas cláusulas anteriores réxese polas condicións establecidas neste prego de condicións, pola Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Regulamento do patrimonio de Galicia aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, e pola Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, e demais normativa aplicable.
Este prego de condicións e a oferta do adxudicatario teñen carácter de documentos que forman parte da resolución de outorgamento da concesión.
De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, pola que se aproba a Lei de contratos do sector público (en diante, LCSP) esta concesión demanial atópase excluída do ámbito de aplicación da citada lei.
O concesionario será responsable das consecuencias que se deduzan para a Xunta de Galicia ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas derivadas da concesión.
A concesión demanial será a risco e ventura do concesionario, e este non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados, máis que no caso de forza maior.
A Xunta de Galicia ostenta a titularidade plena sobre o espazo onde se prestará o servizo cuxa explotación constitúe o obxecto da concesión, e entenderase que as empresas adxudicatarias única e exclusivamente exercerán sobre ela e as súas instalacións as facultades que se deriven do exercicio do seu dereito de concesión para a súa explotación.
Cláusula cuarta. Outorgamento da concesión
A adxudicación desta concesión demanial levarase a cabo en réxime de concorrencia, de conformidade co artigo 49 da Lei 6/2023, de 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cláusula quinta. Instalación dos equipos de telecomunicacións
O titular da concesión deberá proceder ao acondicionamento do espazo cedido e a realizar as actuacións necesarias para a instalación dos citados equipos de telecomunicacións para servizos de telefonía móbil.
As antenas que se instalen deberán cumprir a normativa municipal correspondente do Concello de Santiago de Compostela e obter as oportunas autorizacións.
As tarefas de instalación dos equipos de telecomunicacións serán realizadas polo concesionario ou polo operador ou operadores a quen aquel permita operar nesta infraestrutura, e serán dirixidas por persoal técnico competente, baixo a súa exclusiva responsabilidade da persoa ou entidade titular da concesión, sen que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, teñan implicación ningunha no control e vixilancia e funcionamento posterior.
Cláusula sexta. Obrigas da persoa adxudicataria da concesión
1. Unha vez finalizada a instalación dos equipos de telecomunicacións e antes da posta en marcha do servizo, o titular da concesión deberá achegar a seguinte documentación:
– Certificado do técnico instalador que acredite o cumprimento da normativa de aplicación.
– Relación dos aparatos e equipos de telefonía instalados con indicación dos seguintes aspectos: marca, modelo, dimensións e descricións. Deberán achegar tamén copia das declaracións de conformidade destes, de acordo co disposto no Real decreto 1890/2000, do 20 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece o procedemento para a avaliación da conformidade dos aparatos de telecomunicacións.
– Copia do estudo detallado sobre os niveis de exposición radioeléctrica en áreas próximas ás instalacións e certificado subscrito polo enxeñeiro de telecomunicacións que acredite o cumprimento dos límites de exposición segundo o establecido no Real decreto 1066/2001, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que establece condicións de protección do dominio público radioeléctrico, restricións ás emisións radioeléctricas e medidas de protección sanitaria fronte ás emisións radioeléctricas.
2. O titular da concesión farase cargo do mantemento necesario para a conservación da infraestrutura onde se sitúan os equipos de telecomunicacións, e dos demais espazos obxecto desta concesión, así como das responsabilidades que poidan derivarse da súa explotación.
3. O titular da concesión comprométese a:
a) Utilizar os espazos e a infraestrutura cedidos descritos anteriormente de acordo coas condicións estipuladas e para a finalidade previstas neste prego de condicións, e en todo caso, non se poderá realizar instalación de ningún tipo sen a autorización previa da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
b) Asumir a instalación, mantemento, conservación, xestión e explotación dos equipos e infraestruturas de telecomunicacións baixo a súa responsabilidade e responder directamente fronte a terceiros de todos os danos que se deriven da xestión, explotación e mantemento desta infraestrutura e dos demais espazos obxecto desta concesión.
c) Obter á súa conta todas as autorizacións, licenzas, permisos e títulos habilitantes que requira a actividade que se vai realizar e que resulten necesarios conforme á normativa sectorial, urbanística, municipal, ambiental, de telecomunicacións e de seguridade.
d) No caso de que no espazo obxecto da concesión demanial, segundo as necesidades do concesionario, for necesario realizar obras, estas deberán realizarse logo de autorización da Dirección Xeral de Emerxencias Interior.
No documento de formalización da concesión demanial deberá constar, segundo o artigo 129 do Regulamento de patrimonio, as obras e instalacións que, se é o caso, se realizasen e establecerase un prazo para a súa execución, así como a prohibición de realizar outras obras distintas das autorizadas.
Se ao longo da vida da concesión se precisasen novas obras, deberán formalizarse novamente, logo de autorización pertinente da Dirección Xeral de Emerxencias Interior.
Segundo a natureza das obras, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes reservarase a reversión ou non das obras e instalacións ao rematar a concesión. Este aspecto determinarase ao coñecer o alcance das obras, cando se autoricen, e constará no documento de formalización da concesión; sen prexuízo do anterior, o concesionario estará obrigado a repoñer ao estado orixinal o espazo obxecto da concesión demanial.
e) Contar coa autorización expresa da Dirección xeral de Emerxencias e Interior para a instalación de publicidade no recinto e para a realización de calquera modificación das instalacións e servizos, que en calquera caso quedarán a beneficio da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
f) Manter a instalación en bo estado e adoptar todas as medidas necesarias para o coidado do espazo. A devandita obriga comprenderá, así mesmo, a de manter e conservar en todo momento as instalacións e infraestruturas en condicións de seguridade, adoptar as medidas correctoras precisas tanto de protección contra as descargas eléctricas de orixe atmosférica como para evitar interferencias electromagnéticas con outras instalacións.
g) Non realizar servizos que non se axusten á actividade natural obxecto da concesión.
h) Asumir os gastos derivados das obras, da conservación, do mantemento e da explotación das instalacións e dos bens obxecto da concesión, así como dos impostos, taxas e demais tributos.
i) Aboar o correspondente canon anual que resulte do procedemento de outorgamento desta concesión demanial, coas súas actualizacións
j) Posuír unha póliza de seguro de responsabilidade civil por posibles danos a terceiros. Respecto da responsabilidade civil, establécese un mínimo xeral de 3.000.000 € e un sublímite por vítima de 600.000 €.
A Administración xeral da Comunidade Autónoma será a beneficiaria e a asegurada, respectivamente, destas pólizas, que se manterán durante todo o período da concesión, prazo inicial e, se é o caso, prórrogas.
k) Cumprir a normativa laboral, de prevención de riscos laborais, seguridade e hixiene, sen que o seu persoal adquira ningunha relación laboral coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
l) Comunicar unha relación actualizada do seu persoal o do persoal alleo que necesite acceder ás instalacións á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, para facilitar a inspección e control no acceso a esta sede administrativa. En todo caso, o acceso a este edificio tanto para realizar obras ou a instalación de equipos como para realizar labores de mantemento, conservación ou modificación están condicionadas á previa autorización da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
m) Dispor dos equipos técnicos de protección que exixa a normativa e dos elementos de sinalización necesarios.
n) Evitar ou, no seu caso, corrixir as situacións insalubres, nocivas, perigosas ou molestas para os veciños.
ñ) Permitir as inspeccións que o persoal técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes poida realizar para verificar o estado de conservación das instalacións/locais, e no seu caso, de observarse algunha deficiencia proceder á súa reparación no prazo que se estableza.
Cláusula sétima. Dereitos da persoa concesionaria
Ademais dos dereitos recollidos neste prego de condicións, a persoa concesionaria gozará do uso exclusivo e privativo do espazo localizado no mastro tubular, no espazo físico de 10 m² destinado a zona de máquinas no soto do edificio e do espazo ocupado pola instalación dos cables que unirán a zona de máquinas coas antenas situadas no mastro tubular, localizados en rúa Roma 25-27 de Santiago de Compostela, coa exclusiva finalidade de instalar equipos de telecomunicacións para servizos de telefonía móbil.
A persoa concesionaria deste procedemento debe ser respectada por terceiros na súa condición de concesionaria, co apoio necesario da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, para que poida realizar as actividades previstas con normalidade.
De conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 11/2022, do 28 de xuño, xeral de telecomunicacións a persoa concesionaria poderá celebrar de xeito voluntario acordos para a utilización compartida das instalacións, con outros operadores, sempre e cando sexa técnica e economicamente viable, e sen prexuízo do cumprimento dos requisitos materiais e procedimentais previstos pola normativa sectorial estatal en materia de telecomunicacións para o uso compartido de instalacións e, en todo caso, logo de autorización da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Calquera proposta para a instalación de operadores de telecomunicacións distintos da persoa concesionaria, deberá ser autorizada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes mediante a aprobación do correspondente expediente instruído para o efecto.
A persoa concesionaria poderá transmitir o dereito que ten sobre as obras, construcións e instalacións fixas que teña realizado para o exercicio da actividade autorizada polo título da concesión sempre que cumpran os requisitos contemplados na Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e pola Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, e en todo caso sempre que conten coa previa conformidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Cláusula oitava. Canon anual mínimo
Establécese un canon anual mínimo de 15.000 euros. Os licitadores, na súa oferta, poderán mellorar á alza a devandita cantidade considerada como mínima. As ofertas que se sitúen por debaixo desa cifra quedarán excluídas do procedemento de adxudicación.
O aboamento do canon ofertado leva implícita a autorización para o uso do espazo cedido. Este canon non está suxeito ao imposto do valor engadido, de conformidade co artigo 7.9 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto do valor engadido.
O canon revisarase cada ano de acordo coa variación do índice de prezos ao consumo (IPC), conxunto nacional total publicado polo Instituto Nacional de Estatística ou polo organismo que o substitúa, para o cal se tomará como referencia o IPC do mes anterior ao de sinatura do acordo de concesión.
Os ingresos relativos ao canon terán a consideración de ingresos de dereito público e poderán ser obxecto de recadación en vía executiva de acordo coa normativa vixente en materia de recadación, polo que poderán exixirse intereses de demora.
O canon anual deberá ingresarse dentro do mes seguinte ao da data de formalización do documento de outorgamento da concesión demanial na conta bancaria que se estableza pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Nos seguintes anos de vixencia da concesión o canon anual ingresarase dentro do referido mes.
Cláusula novena. Duración da concesión
O prazo de duración da concesión será de 10 anos contados desde o día seguinte á sinatura do documento no que se outorgue a concesión demanial.
Este prazo inicial poderá prorrogarse por dous períodos adicionais de cinco anos cada un, logo de solicitude expresa da persoa titular da concesión, presentada cun mes de antelación ao vencemento de cada período, e logo de autorización da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Unha vez que finalice o período concesional, procederase á reversión das instalacións nas mesmas condicións en que se atopaba no momento da formalización da concesión. Esta reversión implicará o desmantelamento das antenas e das instalacións accesorias e a restauración do espazo ocupado. As obras fixas quedarán en propiedade da Xunta de Galicia, sen que a persoa concesionaria poida reclamar compensación económica ningunha.
Cláusula décima. Documentación que hai que presentar
1. Os licitadores interesados en participar neste procedemento presentarán tres (3) sobres (arquivos electrónicos) que, de acordo coa denominación do Silex, corresponden a:
‒ Sobre A (documentación administrativa): conterá a documentación xeral.
‒ Sobre B (documentación técnica): conterá os criterios avaliables mediante xuízos de valor.
‒ Sobre C (proposta económica): conterá os criterios avaliables mediante fórmulas matemáticas
As proposicións deberán presentarse:
‒ Asinadas electronicamente pola persoa licitadora ou, se é o caso, polo seu representante legal. Se se trata dunha unión temporal de empresas, indicaranse os datos de cada un das empresas, e as ofertas deben ir asinadas polos representantes de cada unha das empresas integrantes da unión.
‒ Con indicación do NIF, nome e apelidos da persoa licitadora ou, se é o caso, denominación social, teléfono, fax, enderezo e correo electrónico.
A presentación de proposicións presume por parte da persoa licitadora a aceptación incondicionada da totalidade das cláusulas da convocatoria e do prego de condicións.
Os documentos débense presentar en lingua galega ou castelá. A documentación redactada noutra lingua deberá ir acompañada da correspondente tradución oficial para a lingua galega ou castelá.
A introdución de documentación ou información nun sobre distinto daquel no que deba figurar suporá a exclusión da oferta da persoa licitadora, por incumprir o disposto no artigo 139 da LCSP sobre o carácter secreto das proposicións ata o momento da apertura.
2. As circunstancias relativas á capacidade, solvencia e ausencia de prohibicións de contratar deberán concorrer na data de finalización do prazo de presentación de ofertas e subsistir no momento de perfección do contrato (artigo 140.4 LCSP).
A persoa competente para o outorgamento desta concesión ou a Mesa de licitación e selección de licitadores poderanlles pedir aos candidatos ou licitadores que presenten a totalidade ou unha parte dos documentos xustificativos, cando consideren que existen dúbidas razoables sobre a vixencia ou fiabilidade da declaración, cando resulte necesario para o bo desenvolvemento do procedemento e, en todo caso, antes de adxudicar o contrato.
3. No sobre A de documentación administrativa deberase achegar, en arquivos independentes, a seguinte documentación:
a) Unha relación de todos os documentos que se inclúen no sobre.
b) Declaración do licitador na que se indique que cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración. Para tal fin, os licitadores deberán achegar o DEUC (Documento Europeo Único de Contratación), debidamente cuberto, datado e asinado electronicamente.
Pódese acceder ao formulario en formato electrónico no enlace:
https://visor.registrodelicitadores.gob.es
O formulario neste enderezo só está dispoñible en castelán e pode ser cuberto directamente no sitio e xerar o arquivo para envialo ao órgano competente para o outorgamento da concesión xunto co resto da oferta.
Tamén pode accederse ao formulario DEUC, en formato .odt, na web da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, nas seguintes ligazóns:
• Versión en galego:
http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-de-contratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion
• Versión en castelán:
http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-de-contratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion
Cando dúas ou máis empresas acudan a unha licitación que constitúa unha unión temporal, presentarase un DEUC por cada unha das empresas participantes.
No caso de que o licitador recorra á solvencia e medios doutras empresas de conformidade co artigo 75 da LCSP, deberá presentar un DEUC por cada unha delas.
c) Declaración complementaria ao DEUC, conforme o anexo I deste prego.
d) No caso de que dúas ou máis empresas concorran en unión temporal, presentarán un compromiso de constitución de unión temporal de empresarios (UTE), conforme o anexo II deste prego, no que se indiquen os nomes e circunstancias dos empresarios que a subscriban, a participación de cada un deles e que asumen o compromiso de constituírse formalmente en UTE, no caso de resultar adxudicatarios (artigo 69 da LCSP e 24 do RXLCAP). Presentarán tamén a designación dun representante ou apoderado único da unión, con poder suficiente para exercer os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato deriven ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar as empresas para cobramentos e pagamentos de contía significativa. O documento deberá estar asinado polos representantes de cada unha das empresas compoñentes da UTE.
e) No caso de empresas estranxeiras, deberán cubrir o apartado do anexo I relativo á declaración de sometemento á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ao licitante.
Neste arquivo sinalado como sobre A non se incluirá ningunha documentación nin calquera outra información que deba incluírse necesariamente no arquivo sinalado como sobre C.
De facelo, suporá a exclusión automática da proposición do licitador, por incumprir o disposto no artigo 139 da LCSP acerca do carácter secreto das proposicións ata o momento da súa apertura.
4. No sobre B de documentación técnica, relativa aos criterios avaliables mediante xuízos de valor, deberase achegar unha memoria técnica explicativa sobre o modo de desenvolver o proxecto de uso obxecto da concesión, que permitan a valoración dos criterios de adxudicación suxeitos a xuízos de valor establecidos no apartado de criterios de adxudicación desta convocatoria, sen que os documentos poidan superar os 8 MB.
Se o licitador non achega a documentación relativa aos criterios de adxudicación, ou esta non contén todos os requisitos exixidos, a proposición do devandito licitador non será valorada respecto do criterio ou requisitos de que se trate.
A documentación que se inclúa no arquivo indicado como sobre B deberá estar debidamente asinada dixitalmente.
5. No sobre C deberá achegarse a seguinte documentación:
a) A proposición económica relativa ao criterio avaliable mediante fórmulas matemáticas, consistirá no canon anual para aboar á Xunta de Galicia. Esta proposición axustarase ao modelo establecido que se xunta como anexo III a este prego (proposición económica conforme aos criterios avaliables mediante fórmulas matemáticas).
A oferta debe estar asinada electronicamente por quen teña poder suficiente para iso, e non debe conter erros, omisións ou obstáculos para unha interpretación correcta do seu contido.
O importe debe expresarse claramente en números e letras e deberá ser dunha contía igual ou superior ao canon sinalado na cláusula oitava deste prego de condicións. As propostas que oferten un canón anual inferior ao establecido na citada cláusula do prego de condicións ou que sexan incorrectamente formuladas, serán rexeitadas.
b) No caso de que a empresa achegue documentación que acredite os criterios de preferencia en caso de empate, a devandita documentación deberá incluírse no sobre C.
Cláusula décima primeira. Criterios de valoración e selección
A puntuación de cada solicitude realizarase sobre un total de 100 puntos segundo os seguintes criterios de valoración:
a) Canon para aboar pola ocupación do espazo, ata 90 puntos (sobre C).
As solicitantes realizarán unha oferta do canon pola ocupación do espazo igual ou superior ao mínimo establecido no prego de condicións.
A valoración deste criterio realizarase de forma proporcional entre as diferentes solicitudes presentadas seguindo a seguinte fórmula:
V = P X (OV/MO)
Onde:
V = puntos obtidos en aplicación da fórmula
P = número de puntos máximo do criterio
OV = oferta para valorar
MO = mellor oferta
b) Contido e calidade técnica da proposta, ata 10 puntos (sobre B).
Para a súa valoración deberase presentar unha memoria técnica explicativa en relación co modo de desenvolver a infraestrutura da concesión.
A valoración efectuarase en función da adecuación da memoria ao mellor uso do espazo. Valorarase a calidade dos materiais que se van empregar nas instalacións, o respecto e a mimetización co contorno, o uso de enerxías renovables e calquera outro aspecto relacionado coas obras e instalacións que se van realizar no ben obxecto da concesión que supoña unha mellora desde o punto de vista arquitectónico.
No caso de producirse empates na puntuación, estes resolveranse de acordo coa maior puntuación obtida nos seguintes criterios establecidos:
– 1º criterio: maior puntuación no criterio a): canon que se compromete a aboar.
– 2º criterio: maior puntuación no criterio b): contido e calidade técnica da proposta.
No caso de persistir o empate, desfarase mediante sorteo, que se realizará en acto público.
Cláusula décima segunda. Órgano competente para o outorgamento da concesión
O órgano competente para o outorgamento da concesión é o persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
De acordo co artigo 4 da Orde do 12 de xuño de 2024 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos desta consellería, delegouse na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica o exercicio das facultades que a normativa en materia de patrimonio lle atribúe á persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Cláusula décima terceira. Mesa de licitación e selección de licitadores
1. A Mesa de licitación e selección de licitadores será a encargada de realizar a apertura e admisión de solicitudes, así como a proposta de selección das solicitudes de participación presentadas neste procedemento de concesión demanial e posterior revisión da documentación presentada pola persoa licitadora proposta, e estará composta polas seguintes persoas:
Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Interior e Seguridade da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
Vogais:
– A persoa titular da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
– A persoa representante da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.
– A persoa representante da Intervención Xeral.
Secretaría: a persoa titular do Servizo de Seguridade da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
Esta mesa poderá estar asistida polos técnicos asesores que se consideren necesarios que informarán sobre as cuestións das súas respectivas competencias, por requirimento desta, pero sen dereito a voto.
2. En caso de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal as persoas integrantes da mesa serán substituídas consonte o disposto nos artigos 16, 17, 18 e 19 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
3. A Mesa de licitación e selección de licitadores constituirase o quinto día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
4. A Mesa de licitación e selección de licitadores poderá solicitar cantos informes técnicos considere pertinentes para avaliar a documentación presentada polas persoas licitadoras.
Cláusula décima cuarta. Apertura de proposicións
A Mesa de licitación e selección de licitadores realizará as seguintes actuacións:
1. Apertura do sobre A de documentación administrativa. A Mesa de licitación e selección de licitadores comprobará as declaracións responsables e a restante documentación que forma parte deste sobre e se observase defectos emendables outorgará ao licitador un prazo de 3 días hábiles para a correspondente emenda. A comunicación farase a través do notifica.gal
2. Apertura do sobre B, documentación técnica. A Mesa de licitación e selección de licitadores reunirase na data, hora e lugar sinalados na convocatoria, para realizar as seguintes actuacións:
‒ De ser o caso, revisión da documentación requirida relativa á emenda de defectos ou omisións.
‒ Adopción dos oportunos acordos sobre admisión ou exclusión dos licitadores.
En acto público realizaranse as seguintes actuacións:
– Lectura do número de proposicións recibidas e da identidade dos licitadores.
‒ Lectura dos resultados da cualificación da documentación administrativa, con expresión das proposicións admitidas, das rexeitadas e da causa ou causas de inadmisión destas últimas.
‒ Apertura dos arquivos indicados como sobre B das persoas licitadoras admitidas, que conteñen a documentación relativa ao criterio avaliable mediante xuízo de valor.
No caso de que algún documento presentado polas persoas licitadoras estea danado, sexa ilexible ou estea afectado por algún virus informático, a Mesa de licitación e selección de licitadores concederá un prazo dun día hábil para que as persoas licitadoras presenten unha copia de seguridade dos documentos electrónicos presentados en soporte físico electrónico, co fin de poder acceder ao contido dos documentos. Neste sentido, hai que lembrar a importancia de non manipular estes arquivos para non variar a súa pegada dixital, que é a que se comprobará para asegurar a coincidencia dos documentos da copia de seguridade, enviados en soporte físico electrónico, e os enviados na oferta, a través da ferramenta de Silex.
No caso de que non se achegue a devandita copia de seguridade ou non coincida a pegada dixital será causa de exclusión nesta licitación.
‒ Invitación aos asistentes a que expoñan cantas observacións consideren oportunas.
A persoa secretaria redactará a acta que recollerá sucinta e fielmente o acontecido, e será asinada, polo menos, polo presidente e o secretario.
A avaliación do contido do arquivo indicado como sobre B realizarase, en todo caso, antes da apertura do arquivo indicado como sobre C e deixarase constancia documental disto.
3. A data, a hora e o lugar de realización da apertura do arquivo electrónico sinalado como sobre C establecerase na convocatoria pública deste procedemento. A Mesa de licitación e selección de licitadores reunirase na data, lugar e hora sinalados na convocatoria, para realizar en acto público as seguintes actuacións:
‒ Lectura dos resultados da avaliación do contido do arquivo sinalado como sobre B das licitadoras.
‒ Apertura dos arquivos correspondentes ao sobre C das persoas licitadoras admitidas, que conteñen a documentación relativa aos criterios avaliables mediante fórmulas.
– Invitación ás persoas asistentes a que expoñan cantas observacións consideren oportunas.
No caso de que algún documento presentado polas persoas licitadoras estea danado, sexa ilexible ou estea afectado por algún virus informático, concederáselle un prazo dun día hábil para que as persoas licitadoras presenten unha copia de seguridade dos documentos electrónicos presentados en soporte físico electrónico, co fin de poder acceder ao contido dos documentos. Neste sentido, hai que lembrar a importancia de non manipular estes arquivos para non variar a súa pegada dixital, que é a que se comprobará para asegurar a coincidencia dos documentos da copia de seguridade, enviados en soporte físico electrónico, e os enviados na oferta, a través da ferramenta de Silex.
No caso de que non se achegue a devandita copia de seguridade ou non coincida a pegada dixital será causa de exclusión nesta licitación.
A persoa secretaria redactará a acta que recollerá sucinta e fielmente o acontecido, e será asinada, polo menos, polo presidente e o secretario.
Cláusula décima quinta. Clasificación das ofertas. Requirimento de documentación
1. A Mesa de licitación e selección de licitadores clasificará por orde decrecente as proposicións presentadas para despois elevar a correspondente proposta ao órgano competente para o outorgamento da concesión. Para realizar a devandita clasificación, atenderá aos criterios de adxudicación sinalados na cláusula décimo primeira e pode solicitar para isto cantos informes técnicos xulgue pertinentes.
Unha vez aceptada a proposta polo órgano competente para o outorgamento da concesión requiriráselle á persoa licitadora proposta a través do sistema Notifica.gal, para que, dentro do prazo de 5 días hábiles, presente a documentación xustificativa seguinte:
a) Da capacidade xurídica e de obrar da persoa solicitante, e se fose o caso, a súa representación.
No caso de persoas físicas, e no suposto de oposición á súa consulta, presentarase copia compulsada do documento nacional de identidade (DNI) ou documento que regulamentariamente o substitúa.
As persoas xurídicas, deberán presentar copia compulsada da escritura de constitución e de modificación, se for o caso, inscritas no Rexistro Mercantil, cando este requisito sexa exixible conforme a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o é, deberán presentar o documento de constitución, estatutos ou acto fundacional en que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se for o caso, no correspondente rexistro oficial que sexa preceptivo.
Coa finalidade de xustificar adecuadamente a representación achegarase o correspondente documento en que conste que o poder é declarado bastante por letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia outorgado ao seu favor, en caso de que actuase en representación dun terceiro ou de unha persoa xurídica.
Os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo deberán acreditar a súa capacidade de obrar pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde estean establecidos ou mediante presentación de certificación ou declaración xurada nos termos que se establezan regulamentariamente.
Os restantes empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar mediante informe expedido pola representación diplomática española no Estado correspondente, en que se faga constar que figuran inscritos no rexistro local, profesional, comercial ou análogo ou, na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades que constitúen o obxecto do contrato.
Así mesmo, deberán achegar informe da Oficina Económica e Comercial de España no exterior relativo a que o seu Estado de orixe admite, pola súa vez, a participación de empresas españolas na contratación coa Administración, en forma substancialmente análoga.
b) A documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.
– O criterio para a acreditación da solvencia económica e financeira será o volume anual de negocios da persoa licitadora candidata, que referido ao mellor exercicio dos tres últimos dispoñibles deberá ser igual ou superior ao canon mínimo de licitación da presente concesión demanial.
O volume anual de negocios da persoa licitadora acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a persoa licitadora estivese inscrita no devandito rexistro, e no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. As persoas licitadoras individuais non inscritas no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.
– Xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais que cubra as obrigas que por indemnizacións lle sexan impostas.
O criterio para a acreditación da solvencia técnica e profesional será:
– Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados de igual ou semellante natureza que os que constitúen o obxecto da concesión no curso de, como máximo os tres últimos anos, e na que se indique o importe, a data e o destinatario, público ou privado destes; os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración da persoa licitadora acompañado dos documentos obrantes en poder deste que acrediten a realización da prestación.
– Indicación do persoal técnico ou das unidades técnicas, integradas ou non na empresa, participantes no contrato, especialmente aqueles encargados do control de calidade.
As empresas que liciten en unión temporal deberán acreditar os requisitos de solvencia económica, financeira e técnica. Cada unha das empresas que compoñen a unión temporal deberá acreditar a súa capacidade e solvencia conforme o sistema de acreditación indicado nos parágrafos anteriores. Acumularanse, para os efectos da determinación da solvencia da unión temporal, as características acreditadas para cada un dos integrantes dela, de conformidade coas condicións previstas no artigo 69 da LCSP.
No caso de integración da solvencia con medios externos achegarase o compromiso das entidades, o cal se deberá ter formalizado con anterioridade ao remate do prazo de presentación de ofertas segundo o modelo que se achega como anexo IV. Achegarase un compromiso por cada entidade que pon á disposición do licitador a súa solvencia ou medios en caso de ser máis dunha.
c) Documentación xustificativa, no caso de opoñerse á súa consulta por parte da Administración, de estar ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias (coa Facenda estatal, de non ter débedas de natureza tributaria coa Comunidade Autónoma de Galicia) e coa Seguridade Social. En concreto a documentación que se debe xustificar neste punto é a seguinte:
1. Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ao amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.
2. Certificado expedido pola Axencia Tributaria de Galicia, no que conste que non ten débedas pendentes de natureza tributaria coa Facenda Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, ao abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que o licitador se atopa ao corrente do pagamento das súas obrigas tributarias.
d) Ademais, deberá presentar a seguinte documentación:
1. Documento no que se reflictan os datos da persoa responsable da empresa na execución do contrato, con competencia profesional e capacidade suficiente para representar a entidade en todo e canto afecte á devandita execución e que será o interlocutor coa Administración.
2. Documento acreditativo da constitución dunha póliza de responsabilidade civil.
3. Documento acreditativo da constitución dunha garantía definitiva a disposición da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes por un importe de 30.000 euros.
A garantía definitiva exixida poderá prestarse en calquera das formas reguladas no artigo 108 da LCSP e, de conformidade co establecido no artigo 108.3 da LCSP, a acreditación da constitución da garantía poderá realizarse mediante medios electrónicos.
e) Se a persoa candidata está inscrita no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia (en diante, RXC-Galicia) ou no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público (en diante, ROLECESP) deberá indicar o número de inscrición e quedará exento de achegar a documentación que se detalla a continuación:
‒ Personalidade e representación a que se refire a letra a), coa condición de que a representación sexa a mesma que conste no RXC-Galicia.
‒ Escrituras de constitución: non obstante, a Mesa de licitación e selección de licitadores poderá requirir a achega desta documentación, de ser necesaria, para acreditar que o obxecto social da empresa é adecuado ao obxecto do contrato.
‒ Documentación acreditativa da solvencia económico-financeira e técnico-profesional, que obre en poder do rexistro.
‒ Documentación xustificativa a que se refire a letra c).
Neste caso, a documentación presentada pola persoa candidata deberá ir acompañada dunha declaración responsable, segundo modelo que se achega como anexo V, en que a candidata manifeste que as circunstancias reflectidas no RXC-Galicia ou, de ser o caso, no ROLECSP non experimentaron variación.
As certificacións correspondentes a licitadores inscritos no RXC-Galicia ou no ROLECESP será incorporada de oficio ao procedemento.
Tras o exame da documentación, se a Mesa de licitación e selección de licitadores entende que esta ten defectos ou omisións rectificables, comunicaráselle ao licitador interesado, por medio do sistema Notifica.gal, baixo apercibimento de exclusión definitiva se, no prazo concedido, non emenda a documentación.
Concederáselle ao licitador un prazo de tres días hábiles para que corrixa ou emende os defectos observados. De non presentarse a documentación sinalada, en forma e prazo, entenderase que o licitador retirou a súa oferta correspondente e resultará excluído da licitación.
Finalmente, unha vez que se produza a retirada da oferta por parte do candidato proposto como adxudicatario, a Administración efectuará unha nova adxudicación ao licitador ou licitadores seguintes, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que sexa posible e que o novo adxudicatario presente a súa conformidade. Seguidamente, procederase, de novo, de acordo co establecido nesta cláusula.
En todo caso, as circunstancias relativas á capacidade, solvencia e ausencia de prohibicións para contratar, referidas nos apartados anteriores, deben concorrer e subsistir ata o momento da perfección da concesión.
Cláusula décima sexta. Outorgamento e formalización da concesión
O prazo máximo para resolver este procedemento será de tres (3) meses. Este prazo contarase desde o día seguinte ao da apertura do sobre C.
O órgano competente para o outorgamento da concesión ditará a correspondente resolución dentro dos dez días hábiles seguintes á recepción da documentación sinalada na cláusula anterior. A resolución de outorgamento da concesión demanial deberá ser motivada, notificaráselles aos licitadores e, simultaneamente, publicarase na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
A formalización do outorgamento da concesión deberá efectuarse non máis tarde dos quince días hábiles seguintes a aquel en que se reciba a notificación do outorgamento da concesión demanial aos participantes.
A concesión formalizarase en documento administrativo, e o devandito documento constituirá título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, poderá formalizarse en escritura pública cando así o solicite a persoa concesionaria, e serán ao seu cargo os gastos derivados do seu outorgamento.
Non poderá iniciarse a execución da concesión sen a súa formalización previa.
Cláusula décima sétima. Recursos contra resolución de outorgamento da concesión demanial
A resolución de outorgamento da concesión demanial pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de outorgamento da concesión demanial, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Cláusula décima oitava. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Cláusula décima novena. Confidencialidade
Os documentos e datos presentados polas persoas participantes poden ser considerados de carácter confidencial cando a súa difusión a terceiros poida ser contraria aos seus intereses comerciais lexítimos ou prexudicar a leal competencia entre as empresas do sector.
O órgano competente para o outorgamento da concesión non poderá divulgar a información facilitada polos licitadores que estes designasen como confidencial segundo os motivos e circunstancias que estes manifestasen.
Por conseguinte, serán os licitadores ou candidatos os que deben identificar a documentación ou a información que consideran que ten carácter confidencial, e non será admisible que efectúen unha declaración xenérica ou declaren que todos os documentos ou toda a información teñen carácter confidencial. Esta circunstancia deberá reflectirse na declaración complementaria ao DEUC e no propio documento sinalado como tal en forma sobreimpresa, á marxe ou de calquera outra forma visible.
No suposto de que un licitador non motive ou concrete as circunstancias xustificativas da súa declaración de confidencialidade ou siga mantendo unha declaración xenérica do carácter confidencial de toda a súa oferta, entenderase esta como inmotivada e o órgano competente para o outorgamento da concesión reservará para si o dereito de considerar que documentación debe considerarse confidencial, exonerándoo de toda responsabilidade por calquera erro de apreciación en canto ao carácter confidencial ou non da información facilitada.
A extensión da confidencialidade a toda a proposta por un licitador considerarase improcedente. Unicamente se poderá estender a documentos que teñan unha difusión restrinxida e en ningún caso a documentos que sexan publicamente accesibles.
Os licitadores poderán designar como confidenciais algúns dos documentos achegados na súa oferta. Esta circunstancia deberá reflectirse claramente (de calquera forma ou á marxe) no propio documento designado como tal.
En todo caso, terá carácter confidencial a documentación facilitada polos empresarios para acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.
Tamén terán carácter confidencial os datos de carácter persoal contemplados na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, así como no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, salvo que de forma expresa se autorice a comunicación ou a cesión. Non obstante, non terá carácter confidencial a información que conste en rexistros públicos e que, ademais, sexa de acceso público.
Cláusula vixésima. Protección de datos de carácter persoal
1. Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia –Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes– coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento.
2. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida neste prego e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
3. Os datos seranlles comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.
4. Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas solicitantes serán publicados conforme ao descrito neste prego a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.
5. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se especifica na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais
6. O licitador queda sometido en todo caso á normativa nacional e da Unión Europea en materia de protección de datos, e declarará documentalmente, conforme o anexo VI, que se responsabiliza de que o tratamento de datos persoais que se poida realizar se fará con absoluto respecto das normas de seguridade e privacidade, de acordo co establecido no Regulamento 2016/679 (UE) xeral de protección de datos, e na LOPDGDD, e será, así mesmo, de aplicación a disposición adicional vixésimo quinta da LCSP, e demais normativa concordante. En caso de incumprimento do estipulado, a entidade contratada e o persoal asignado ao proxecto serán responsables das infraccións que deriven del.
Cláusula vixésima primeira. Modificación da concesión
Durante a vixencia da concesión, e cando así o exixa o interese público, a Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes poderá acordar a modificación do contido da concesión, e deberá, no seu caso, indemnizar a persoa concesionaria polos danos e perdas sufridos.
A modificación da concesión deberá formalizarse en documento administrativo.
Cláusula vixésima segunda. Extinción da concesión
1. Ademais das previstas no artigo 55 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia serán causas da extinción da concesión as seguintes:
a) A declaración de concurso ou a declaración de insolvencia en calquera outro procedemento.
b) A perda sobrevida dos requisitos para contratar coa Administración, por incorrer o titular nalgunha das prohibicións de contratación previstas na LCSP.
c) A non formalización da concesión no prazo previsto por causa imputable á persoa concesionaria.
d) A falta de adaptación das obras e instalacións á normativa que no futuro se aprobe.
e) A concorrencia de forza maior que implique a imposibilidade permanente de explotar a concesión.
f) O cambio da actividade da persoa concesionaria, salvo que sexa autorizada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
g) Calquera outra prevista nas leis, regulamentos de aplicación e no prego de condicións.
2. Cando se extinga a concesión, as obras, construcións e instalacións serán adquiridas gratuitamente e libres de cargas e gravames pola Administración titular do ben. A persoa concesionaria obrígase a deixar libre e á disposición da Xunta de Galicia as construcións, obras e instalacións obxecto de reversión, dentro do prazo de trinta días naturais que se contarán desde a data de terminación da concesión, sen necesidade de requirimento previo.
3. Ao remate da concesión, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes determinará se se debe facer a reposición dos bens ao seu estado orixinal.
Cláusula vixésima terceira. Rescate
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes poderá rescatar a concesión demanial, por razóns de interese público, mediante o resarcimento dos danos que se causaren, ou sen o devandito resarcimento cando non procedese, de conformidade co disposto na Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cláusula vixésima cuarta. Garantía definitiva
A persoa licitadora proposta como adxudicataria deberá constituír unha garantía definitiva por un importe de 30.000 euros (10 % do canon mínimo anual previsto neste prego –15.000 euros–, multiplicado pola duración máxima desta concesión, período inicial máis dúas prórrogas, que acadan os 20 anos).
Esta garantía definitiva responderá da obriga de formalizar o documento administrativo da concesión, das penalidades resultantes do réxime sancionador previsto na cláusula vixésima quinta, da execución das obrigas establecidas no prego de condicións e no documento administrativo de formalización da concesión, da incautación que poida acordarse nos casos de resolución ou extinción da concesión e dos vicios ou defectos das obras realizadas nas instalacións ou espazos obxecto da concesión demanial.
Aprobada a liquidación da concesión e transcorrido o prazo de garantía, que se estenderá desde a data de formalización da concesión demanial e durante toda a vixencia da concesión, se non resultasen responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela, logo de informe favorable da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
O acordo de cancelación ou devolución da garantía definitiva debe ser adoptado e notificado á persoa interesada nun prazo de dous meses desde a finalización do prazo de garantía.
Cláusula vixésima quinta. Réxime sancionador
Será de aplicación á persoa concesionaria o réxime sancionador establecido no título VIII da Lei 6/2023, do 2 de novembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cláusula vixésima sexta. Prerrogativas da Xunta de Galicia
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ten a prerrogativa de interpretar a concesión demanial, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificala por razóns de interese público, declarar a responsabilidade imputable á persoa concesionaria no período da concesión, suspender ou reverter esta, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta.
Os acordos correspondentes porán fin á vía administrativa e serán inmediatamente executivos.
Cláusula vixésima sétima. Xurisdición competente
As cuestións que poidan xurdir acerca do cumprimento ou incumprimento desta concesión serán resoltas previamente pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. De non conformarse o concesionario coa resolución que se adopte, ambas as partes sométense expresamente á xurisdición contencioso-administrativa.
Resolución de aprobación do prego de condicións:
De conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, unha vez informado favorablemente o prego de condicións, pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, o órgano competente para o outorgamento desta concesión demanial acorda aprobar o presente prego de condicións que consta de clausulado e anexos.
Anexos:
Anexo I. Declaración responsable complementaria ao DEUC.
Anexo II. Compromiso de constitución en Unión Temporal de Empresarios.
Anexo III. Proposición económica.
Anexo IV. Compromiso para a integración da solvencia con medios externos.
Anexo V. Declaración responsable sobre a inscrición en rexistros de licitadores e non variación dos datos reflectidos nos seus certificados.
Anexo VI. Declaración responsable en materia de protección de datos de carácter persoal.
ANEXO I
Declaración responsable complementaria ao DEUC
Expediente: 2026/1 concesión demanial.
Procedemento: Concesión demanial para o uso privativo dun mastro tubular e doutros espazos situados na parcela e no edificio sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, na rúa Roma 25-27, Fontiñas, Santiago de Compostela, para a instalación de equipos de telecomunicacións.
Datos da persoa que declara:
Nome: ...
Apelidos: ...
NIF: ...
Teléfono fixo: ... Teléfono móbil: ... Fax: ...
Enderezo electrónico para a práctica de notificacións: ...
No caso de actuar en representación de persoa xurídica:
Entidade mercantil que representa: ...
NIF: ...
Domicilio social: ...
Datos de constitución (referencia escritura): ...
Nome e apelidos do representante: ...
Poder de representación (referencia escritura): ...
Cargo: ...
Teléfono fixo: ... Teléfono móbil: ... Fax: ...
Enderezo electrónico para a práctica de notificacións: ...
Número de inscrición da empresa no Rexistro de Contratistas (se é o caso): ...
Manifesta:
A súa vontade de tomar parte no procedemento referido, polo importe sinalado na proposición económica (anexo III) e,
1. Declaro responsablemente:
• Que son certos os datos que se indican nesta declaración responsable.
• Que nin o asinante da declaración nin a entidade que represento, nin ningún dos seus administradores ou representantes se atopan incursos en ningún suposto dos que se refire o artigo 71 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
• Que non forma parte dos órganos de goberno ou administración da entidade ningún alto cargo a que se refire a Lei 3/2015, do 30 de marzo, reguladora do exercicio do alto cargo da Administración xeral do Estado, da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, nin se trata de calquera dos cargos electivos regulados na Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, nos termos establecidos nesta.
• Que, en relación co establecido no artigo 149.3 da LCSP e no artigo 86 do RXLCAP sobre empresas vinculadas, a entidade mercantil que represento (consignar o que proceda):
Non pertence a un grupo de empresas nin está integrada por ningún socio no cal concorra ningún dos supostos establecidos no artigo 42 do Código de comercio.
Pertence o grupo de empresas ... ou está integrada por algún socio no cal concorre algún dos supostos do artigo 42.1 do Código de comercio. A denominación social das empresas vinculadas é a seguinte:
a) ...........................................
b) ...........................................
c) ...........................................
• Que, de acordo co disposto nos artigos 149.3 da LCSP e no artigo 86 do RXLCAP, a entidade que represento se compromete a achegar ou, se é o caso, facilitar canta información lle sexa solicitada, no caso de pertencer a un grupo de empresas.
• No caso de unión temporal de empresas indico, ademais, para os efectos de notificación, o nome e os apelidos do representante, enderezo, teléfono e fax de contacto.
• Que a condición da miña empresa é:
□ Peme
□ Non peme
(Para os efectos de cubrir este apartado considérase peme a empresa que ocupa a menos de 250 persoas e cun volume de negocio anual que non excede de 50 millóns de euros ou cun balance xeral que non excede de 43 millóns de euros).
2. Autorización de consulta de datos.
De conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, e a Lei 2/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a persoa solicitante deberá indicar expresamente se autoriza ou non o órgano competente para o outorgamento da concesión para consultar os datos e documentos que se relacionan a continuación.
No caso de non autorizar a consulta dalgún dos datos ou documentos, deberá marcar a opción «Non» no recadro correspondente e achegar a documentación acreditativa correspondente.
|
Comprobación de datos |
Autorizo a consulta |
|
DNI/NIE da persoa solicitante |
□ Si □ Non |
|
DNI/NIE da persoa representante |
□ Si □ Non |
|
NIF da entidade solicitante |
□ Si □ Non |
|
Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social |
□ Si □ Non |
|
Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia |
□ Si □ Non |
|
Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria |
□ Si □ Non |
3. Enderezo electrónico para o efecto de notificacións.
Comprométome a darme de alta no Sistema de notificacións de Galicia (Notifica.gal) e a aceptar e dar por válidas todas as notificacións que se efectúen e sinalo como enderezo electrónico para estes efectos: ...
• Documentación confidencial.
O abeiro do disposto no artigo 133 da LCSP, declaro como confidencial a seguinte documentación contida na oferta: ...
Motivación: ...
(Nota: a declaración de confidencialidade non poderá estenderse á totalidade da documentación presentada pola empresa, nin á totalidade da documentación acreditativa da oferta técnica, no seu caso. Nos casos nos que o licitador non efectúe a declaración de confidencialidade, ou ben se efectúe unha declaración xenérica ou incompleta, non se xustifiquen as razóns polas que considera que a documentación reviste carácter confidencial, ou se declare que a totalidade do contido da proposición ten o devandito carácter, o órgano competente para o outorgamento da concesión quedará exonerado de calquera responsabilidade pola divulgación dos documentos ou datos achegados polos licitadores, realizada en cumprimento das súas obrigas legais de transparencia e publicidade).
• Documentación de desempate.
|
□ |
Non achego documentación de desempate |
|
□ |
No caso de que se produza un empate entre os licitadores deste procedemento, comprométome a presentar, no arquivo sinalado como sobre C no Silex, a seguinte documentación: ................................................................................... ................................................................................... ................................................................................... |
• Sometemento ao foro español (só para empresarios estranxeiros).
Declaro someterme á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde para todas as incidencias que, de modo directo ou indirecto, poidan xurdir do contrato con renuncia, se for o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que me poida corresponder.
........................................................, na data da sinatura electrónica
ANEXO II
Compromiso de constitución en Unión Temporal de Empresarios
Expediente: 2026/1 concesión demanial.
Procedemento: concesión demanial para o uso privativo dun mastro tubular e doutros espazos ubicados na parcela e no edificio sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, na rúa Roma 25-27, Fontiñas, Santiago de Compostela, para a instalación de equipos de telecomunicacións.
Don/dona ..., con DNI núm. ..., en nome e representación da persoa licitadora 1 ..., con CIF ... e domicilio social ...
Don/dona ..., con DNI núm. ..., en nome e representación da persoa licitadora 2 ..., con CIF ... e domicilio social ...
Comprométense formalmente, no caso de resultar adxudicatarios da concesión demanial referida, a constituírse, as devanditas sociedades, en Unión Temporal de Empresas (UTE), cuxo exclusivo obxecto sexa a realización da referida concesión demanial.
• Así mesmo, desígnase a don ... (cargo) ... do licitador ... como a persoa que representará á UTE durante a vixencia da concesión.
• Igualmente designan como domicilio da referida UTE: ...
• A participación dos licitadores agrupados sobre o total do servizo será de:
Licitador 1: ... %
Licitador 2: ... %
As persoas licitadoras,
Sinatura electrónica do licitador 1 Sinatura electrónica do licitador 2
ANEXO III
Proposición económica
Expediente: 2026/1 concesión demanial.
Procedemento: concesión demanial para o uso privativo dun mastro tubular e doutros espazos situados na parcela e no edificio sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, na rúa Roma 25-27, Fontiñas, Santiago de Compostela, para a instalación de equipos de telecomunicacións.
Datos da persoa que declara:
Nome: ...
Apelidos: ...
NIF: ... Teléfono fixo: ... Teléfono móbil: ...
Enderezo electrónico para a práctica de notificacións: ...
No caso de actuar en representación:
Entidade mercantil que representa: ...
NIF: ... Cargo: ...
Manifesta:
Que, logo de coñecer o prego de condicións que debe rexer a concesión demanial referida e ao aceptar íntegra e incondicionalmente o seu contido, comprométese a cumprir as obrigas derivadas desta concesión demanial, con estrita suxeición aos requisitos e condicións sinalados no devandito prego, declara que cumpre cada unha das condicións exixidas para contratar coa Administración, e comprométese a aboar o canon anual seguinte:
Oferta canon anual (mínimo 15.000 euros) (o importe debe expresarse en cifras e letras).
|
Oferta económica de canon anual non suxeito a IVE artigo 7.9 da Lei do IVE) |
|
Importe canon anual ... euros |
Así mesmo, comprométese ao cumprimento de todas as disposicións vixentes en:
– Materia laboral, de Seguridade Social e de seguridade e hixiene no traballo.
– Protección de datos de carácter persoal.
............................................, na data da sinatura electrónica
ANEXO IV
Compromiso para a integración da solvencia con medios externos
(Unha declaración por cada entidade que pon á disposición da licitadora a súa solvencia ou medios se son máis dunha).
Don/dona ... co DNI núm. ..., en nome e representación da persoa licitadora ..., co NIF ..., co obxecto de participar no procedemento para o outorgamento da concesión demanial para o uso privativo dun mastro tubular e doutros espazos situados na parcela e no edificio sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, na rúa Roma 25-27, Fontiñas, Santiago de Compostela, para a instalación de equipos de telecomunicacións
e
Don/dona ... co DNI núm. ... en nome e representación da entidade ..., co NIF ...,
Comprométense, de conformidade co disposto no artigo 75 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, a:
• A entidade ... (que dispón da solvencia ou dos medios) pon á disposición da persoa licitadora ... (que licita ao presente procedemento) a seguinte solvencia ou medios:
• ..………......................................................
• ..…………...................................................
• Durante toda a execución do contrato dispoñerán efectivamente da solvencia ou medios que se describen neste compromiso.
• A disposición efectiva da solvencia ou medios descritos non está sometida a condición ou limitación ningunha.
• A entidade que pon á disposición da entidade licitadora a solvencia ou os medios requiridos asume a responsabilidade subsidiaria polas obrigas e responsabilidades derivadas do contrato para a empresa contratista.
........................................................, na data da sinatura electrónica
Sinatura da persoa licitadora Sinatura da outra entidade
ANEXO V
Declaración responsable sobre a inscrición en rexistros de licitadores
e non variación dos datos reflectidos nos seus certificados
Expediente: 2026/1 concesión demanial.
Procedemento: concesión demanial para o uso privativo dun mastro tubular e doutros espazos situados na parcela e no edificio sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, na rúa Roma 25-27, Fontiñas, Santiago de Compostela, para a instalación de equipos de telecomunicacións.
Datos da persoa que declara:
Nome: ...
Apelidos: ...
NIF: ... Teléfono fixo: ... Teléfono móbil: ... Fax: ...
Enderezo electrónico para a práctica de notificacións: ...
No caso de actuar en representación:
Entidade mercantil que representa: ...
NIF: ... Cargo: ...
Declaro responsablemente:
Que a persoa licitadora se atopa inscrita no Rexistro de Licitadores que a continuación se indica (márquese o que corresponda), e que as circunstancias da persoa licitadora que nel figuran respecto dos requisitos exixidos para a admisión no procedemento de outorgamento da concesión demanial son exactas e non experimentaron variación.
– Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado.
– Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia (núm. ...).
........................................................, na data da sinatura electrónica
ANEXO VI
Declaración responsable en materia de protección de datos
de carácter persoal
Expediente: 2026/1 concesión demanial.
Procedemento: concesión demanial para o uso privativo dun mastro tubular e doutros espazos ubicados na parcela e no edificio sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, na rúa Roma 25-27, Fontiñas, Santiago de Compostela, para a instalación de equipos de telecomunicacións.
Datos da persoa que declara:
Nome: ...
Apelidos: ...
NIF: ... Teléfono fixo: ... Teléfono móbil:...
Enderezo electrónico para a práctica de notificacións: ...
No caso de actuar en representación:
Entidade mercantil que representa: ...
NIF: ... Cargo: ...
Declara responsablemente:
• Que os tratamentos de datos de carácter persoal que se poidan realizar no marco desta concesión demanial se farán con absoluto respecto das normas de seguridade, de acordo co establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) así como o establecido na LOPDGDD e demais normativa nacional e da Unión Europea que resulte de aplicación nesta materia.
• Que respectará o segredo relacionado coa información que coñeza por razón das prestacións derivadas desta concesión demanial, ao estar suxeita ao deber de confidencialidade ao que se refire o artigo 5.1.f) do Regulamento (UE) 2016/679 e o artigo 5 da LOPDGDD. Esta obriga será complementaria dos deberes de segredo profesional de conformidade coa súa normativa aplicable. A información facilitada por esta consellería para a execución do contrato será única e exclusivamente utilizada para este fin. O tratamento de datos persoais realízase en base ás previsións incluídas no artigo 6 do Regulamento xeral de protección de datos de que o tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento, o tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais, así como á previsión de que o tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
• Que como adxudicatario da concesión demanial e na súa condición de encargado do tratamento tratará os datos de conformidade co establecido neste prego, no documento de formalización da concesión e na normativa que se atope vixente en cada momento, protexendo debidamente os datos persoais.
• Que gardará sixilo respecto dos datos ou antecedentes que, non sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto da concesión demanial e chegasen ao seu coñecemento con ocasión deste.
• Que respectará o carácter confidencial da información a que teña acceso con ocasión da execución desta concesión demanial que pola súa propia natureza deba ser tratada como tal. Así mesmo, facilitará o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da prestación asumida, a quen se lle comunicará a obriga de tratar a información á que se lles dá acceso con carácter estritamente confidencial.
• Que non destinará os datos a outras finalidades e que utilizará a información exclusivamente no ámbito desta relación concesional e para as finalidades previstas nela.
• Que non comunicará información, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro, sen autorización expresa do emisor (salvo nos casos expresamente previstos na lei) e que exixirá idéntico compromiso ao persoal destinado á execución desta concesión.
• Que, en relación cos datos de terceiros comunicados á este órgano competente para o outorgamento da concesión, garante que informou, previamente á súa comunicación, de canta información sobre o tratamento de datos ten a súa disposición, ou, no seu caso, obtivo os consentimentos necesarios para eximir a esta consellería do cumprimento de ningunha obriga.
• Que aplicará medidas de cautela e protección para garantir a confidencialidade, a integridade e a dispoñibilidade dos datos; medidas que garantan o cumprimento das obrigas como encargado do tratamento; medidas que aseguren o cumprimento por parte do persoal dedicado á execución da concesión, así como calquera outra medida exixida pola normativa vixente de aplicación.
• Que os servidores nos que se trata a información relacionada co cumprimento do obxecto de concesión e desde onde se van prestar estes estarán situados en ...
• Que comunicará calquera cambio que se produza, ao longo da vida da concesión demanial, da información facilitada no punto anterior
........................................................, na data da sinatura electrónica
