A Dirección Xeral de Saúde Pública convoca a realización do curso de Diplomado en Saúde Pública, a través da Escola Galega de Saúde Pública e da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (en diante, ACIS) acreditado pola Escola Nacional de Sanidade (en diante, ENS).
O obxectivo deste curso é proporcionar ao profesional da saúde un coñecemento máis profundo das diversas disciplinas da área da Saúde Pública e dar a coñecer os instrumentos imprescindibles que se utilizan para a interpretación, control e avaliación dos problemas de saúde. Preferentemente, diríxese a aqueles profesionais con interese na saúde pública, que prestan servizos no Sistema público de saúde de Galicia, ou pretenden acceder a el.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Convocar o curso Diplomado en Saúde Pública, edición 2027.
Segundo. Aprobar as seguintes bases da convocatoria.
1. Aspectos xerais.
1.1. O curso desenvolverase pola Escola Galega de Saúde Pública e por ACIS e acreditarase pola ENS.
1.2. O título correspondente outórgase pola ENS e ten validez en todo o territorio nacional.
1.3. Para cursar o Diplomado en Saúde Pública deberase estar en posesión de licenciatura, diplomatura ou grao universitario ou equivalente no sector sanitario ou ser profesional titulado universitario que desempeñe funcións no ámbito sanitario na data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG). En caso de titulacións estranxeiras, deberá presentarse a debida homologación.
1.4. Estrutura do curso: o curso constará de 275 horas lectivas, distribuídas en: 200 teóricas e 75 prácticas dedicadas á elaboración dun traballo sobre casos e problemas próximos ao ámbito profesional e da contorna dos participantes, que se defenderá ante un tribunal ao final do curso (30 ECTS).
1.5. Metodoloxía docente: as horas de contido teórico, así como as probas de avaliación de coñecementos realizaranse na modalidade de teleformación. A elaboración do traballo práctico será de carácter individual ou en grupos dun máximo de dous alumnos, sempre que as características deste o requiran. Neste último caso, a Escola Galega de Saúde Pública deberá autorizar a elaboración dos traballos en grupo en función do contido e carga de traballo destes.
O traballo práctico poderá ter un dos seguintes formatos:
– Revisión bibliográfica.
– Deseño dun proxecto de investigación.
– Estudo especial.
1.6. Oferta de prazas: convócanse 50 prazas.
En razón ao dereito de formación dos profesionais da Dirección Xeral de Saúde Pública e das direccións territoriais da Consellería de Sanidade, reservaranse 10 prazas para estes. As 40 prazas restantes quedan asignadas para a quenda xeral. As prazas que non se cubran das 10 reservadas pasarán á quenda xeral.
Quenda xeral: se o número de solicitudes excede o das prazas ofertadas, a selección das persoas que poderán realizar este curso farase con base na puntuación obtida de acordo co baremo que figura no anexo I desta resolución.
Poderán solicitar a realización deste curso quen cumpran os requisitos xerais, incluíndo a quen estean gozando dos permisos de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento, durante a situación de excedencia por coidado de familiares e as traballadoras en situación de licenza por risco de embarazo.
2. Solicitudes.
2.1. Os aspirantes para participar no curso deberán remitir exclusivamente ao enderezo de correo electrónico escola.saude.publica@sergas.es, asinados dixitalmente, os anexos I e II da convocatoria, acompañados dos documentos acreditativos dos requisitos especificados no punto 7.
2.2. Non se admitirán solicitudes dirixidas a outros enderezos de correo electrónico corporativos, teléfono ou outros medios.
2.3. O período para a presentación de solicitudes en liña comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e concluirá o día 9 de decembro de 2026.
3. Comisión de selección.
3.1. O proceso de selección do alumnado será levado a cabo pola Comisión de Selección, que estará formada por:
– O/a xefe/a de Servizo de Xestión do Coñecemento e Innovación en Saúde Pública.
– O/a xefe/a de Servizo de Innovación Formativa de ACIS.
– O/a programador/a docente do curso.
– Un/unha profesional do Servizo de Xestión do Coñecemento e Innovación en Saúde Pública que se encargue da organización e desenvolvemento do curso.
– Un/unha profesional de ACIS que se encargue da organización e desenvolvemento do curso, que actuará como secretario/a, con voz e voto.
Os membros da Comisión serán designados mediante resolución da directora xeral de Saúde Pública, que será publicada na páxina web das entidades organizadoras, tendo cada membro titular o seu correspondente suplente.
4. Proceso de selección.
4.1. Finalizado o prazo de presentación de instancias, a Comisión de Selección procederá a valorar os méritos que, debidamente acreditados, presenten os/as solicitantes, aplicando para iso o baremo que figura como anexo I da presente convocatoria.
4.2. Unicamente serán obxecto de valoración os méritos obtidos ata a data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) e acreditados na forma prevista na convocatoria.
4.3. En caso de empate, terá prioridade o/a aspirante que conte con maior puntuación na epígrafe 4 «Cursos de Saúde Pública» do baremo que figura como anexo I e, en caso de novo empate, o/a aspirante de maior idade.
4.4. Unha vez baremadas as solicitudes, elaborarase unha listaxe provisional en orde decrecente e correlativa da puntuación obtida polos/as aspirantes.
5. Publicación das listaxes provisionais.
5.1. Unha vez finalizado o proceso de selección por parte da Comisión de Selección, procederase á publicación das listaxes provisionais nas páxinas web da Escola Galega de Saúde Pública (https://escolasaudepublica.sergas.gal) e de ACIS (https://acis.sergas.gal) en orde decrecente e correlativa da puntuación obtida polos/as aspirantes.
5.2. Fronte ás listaxes provisionais, os/as interesados/as poderán formular reclamación ante a directora xeral de Saúde Pública, no prazo de cinco (5) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación de ditas listaxes na/s páxina/s web, que será resolta mediante resolución daquela.
6. Publicación das listaxes de alumnos/as admitidos/as.
6.1. Finalizado o prazo de presentación de reclamacións e ditada, se é o caso, resolución sobre as que se presentaron, elaborarase a resolución coa listaxe definitiva de admitidos/as ao curso, á cal se dará a mesma publicidade que á listaxe provisional.
6.2. Así mesmo, informarase na/s páxina/s web dos pasos a seguir polos/as seleccionados/as e as datas límite para a formalización da matrícula.
6.3. No caso de que o número de admitidos/as non supere a cifra de inscricións estimada para a súa realización, a Comisión de Selección reserva para si o dereito para cancelar, suspender ou adiar a actividade, caso en que se empregarán os medios de notificación previstos na normativa vixente para informar as persoas interesadas.
7. Acreditación de méritos, documentación e matrícula.
Acreditación de méritos e documentación:
– Anexos I e II.
– Documento nacional de identidade (DNI).
– Título universitario ou, na súa falta, copia do pagamento dos dereitos correspondentes.
Estes catro documentos deberán remitirse asinados dixitalmente.
Durante o curso poderase solicitar aos/ás alumnos/as a presentación dos orixinais da documentación recibida para o seu cotexo e, no caso de que se detecte falsidade ou falta dalgún documento acreditativo, quedará automaticamente expulsado/a e perderá o importe da matrícula.
8. Formalización de matrícula.
8.1. Prezo da matrícula.
O prezo da matrícula é de oitocentos euros (800 €) por persoa, segundo o disposto na Orde do 11 de setembro de 2026 pola que se regulan os prezos privados aplicables ao curso Diplomado en Saúde Pública por parte da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 183, do 25 de setembro).
8.2. Pagamento da matrícula.
Os/as alumnos/as admitidos/as deberán formalizar o pagamento do importe íntegro da matrícula ata o 15 de xaneiro de 2027, incluído.
O pagamento realizarase a través da Oficina Virtual Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) (https://ovt.atriga.gal), na epígrafe «Pagamento de taxas e prezos», preferentemente de xeito telemático.
O pagamento telemático poderá efectuarse con tarxeta de crédito/débito, Bizum ou cargo en conta. Así mesmo, poderá cubrirse en liña o modelo L e imprimirse, ou ben descargarse en branco e cubrirse a man, para efectuar o pagamento de xeito presencial nunha entidade financeira colaboradora na recadación de taxas e prezos da Xunta de Galicia.
Para a formalización do pagamento, calquera que sexa a forma elixida, deberán consignarse os seguintes datos:
– Consellería: 11-Sanidade.
– Delegación: 00-Calquera.
– Servizo: 20-ACIS.
– Prezo: 365200-Curso Diplomado en Saúde Pública.
– Importe: 800 euros.
Unha vez realizado o pagamento do prezo da matrícula, deberá remitirse por correo electrónico dirixido a escola.saude.publica@sergas.es o xustificante do pagamento telemático ou, en caso de pagamento presencial, o exemplar para a persoa interesada selado pola entidade financeira.
8.3. A falta de formalización da matrícula en tempo suporá a exclusión do alumno/a do curso, e asignaráselle o curso ao seguinte na listaxe de reserva. Este/a novo/a alumno/a deberá formalizar a súa matrícula antes do 22 de xaneiro de 2027.
8.4. No caso de renuncia á praza, procederase á devolución íntegra do importe da matrícula aboada cando aquela teña lugar antes do día 15 de xaneiro de 2027, e asignarase a praza ao seguinte na listaxe de reserva. Este/a novo/a alumno/a deberá formalizar a súa matrícula antes do 22 de xaneiro de 2027. A renuncia realizada con posterioridade á citada data leva consigo a perda do dereito á devolución da matrícula.
9. Desenvolvemento do curso.
9.1. O curso constará de 275 horas lectivas, distribuídas entre 200 horas teórico-prácticas e 75 destinadas á elaboración dun traballo práctico final sobre casos e problemas próximos ao ámbito profesional.
9.2. O alumnado matriculado estará obrigado a:
a) Acceder á totalidade dos contidos de cada un dos módulos.
b) Cubrir todos os cuestionarios de avaliación no tempo establecido para iso.
c) Realizar todas as actividades propostas, se é o caso, polo/a docente ou titor/a de cada tema ou módulo.
d) Superar a totalidade das probas obxectivas ou actividades prácticas establecidas nel.
9.3. Os/as alumnos/as deberán dispoñer dun ordenador con conexión á internet, así como dos programas necesarios para a adecuada lectura ou acceso aos documentos do curso (Microsoft Office, Open Office, Acrobat ou similares).
9.4. Non cumprir cos requisitos descritos nesta epígrafe dará lugar á perda de todos os dereitos do alumno/a, incluído o importe da matrícula.
10. Avaliación dos/as alumnos/as.
Para a obtención do título de Diplomado en Saúde Pública valoraranse os seguintes aspectos:
10.1. Avaliación continua da parte teórica, modalidade teleformación, do curso:
O sistema de avaliación será continuo e constará dunha proba obxectiva tipo test en cada módulo. O número de preguntas da proba dependerá da duración do módulo, establecendo un criterio proporcional ao número de horas deste.
Para acceder ao título de Diplomado en Saúde Pública é imprescindible superar a proba obxectiva de cada un dos módulos e cunha puntuación mínima de 5 sobre 10.
Aqueles/as alumnos/as que non superen algún dos módulos poderán presentarse ata un máximo de dúas convocatorias adicionais a través do campus de teleformación en liña.
10.2. Avaliación do traballo final:
Establécense tres modalidades de traballo final: revisión bibliográfica comentada, deseño dun proxecto de investigación e estudo especial.
Os traballos finais das modalidades de revisión bibliográfica comentada e de deseño dun proxecto de investigación terán carácter individual.
A modalidade de estudo especial terá carácter grupal e poderase realizar por un máximo de dous (2) alumnos/as.
O prazo de presentación deste será o que estableza a Comisión de Selección.
Tras unha avaliación preliminar polos membros do tribunal cualificador, a través do formulario elaborado para tales efectos, o/a alumno/a deberá defender o seu traballo final ante o tribunal cualificador e, de maneira presencial, na sede de ACIS en Santiago de Compostela. A defensa do traballo grupal corresponderá ao alumno ou alumna que sexa elixido/a por sorteo polo tribunal no momento de realizar a presentación.
É imprescindible superar a avaliación do traballo final.
10.3. Para a cualificación final do alumno/a asignaranse a cada proba os seguintes pesos ponderados:
a) Proba obxectiva, avaliada de 0 a 10: un 60 % do total.
b) Traballo final, avaliado de 0 a 10: un 40 % do total.
A cualificación final resultará da suma das puntuacións obtidas nas dúas probas. Para superar a materia, será requisito indispensable acadar, como mínimo, o 40 % da puntuación máxima establecida para cada unha delas, independentemente da nota global obtida.
A avaliación final cualificarase unicamente como apto ou non apto, atendendo ao grao de superación dos requisitos mínimos estipulados.
10.4. Unha vez finalizado o curso, os alumnos que superen as probas de avaliación recibirán un diploma acreditativo expedido pola Escola Nacional de Sanidade, no cal se fará constar o resultado da avaliación conforme o criterio establecido de apto e o recoñecemento dun total de 30 ECTS.
11. Tribunal cualificador.
11.1. Para a avaliación e defensa dos traballos finais constituirase un número de tribunais cualificadores suficiente en función do número de alumnos matriculados e das necesidades organizativas do curso.
11.2. Cada tribunal estará integrado por tres membros, designados mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Saúde Pública, na cal se designarán igualmente os correspondentes suplentes e se poderá determinar a organización e o funcionamento dos tribunais.
11.3. A resolución de nomeamento publicarase na páxina web da Escola Galega de Saúde Pública (https://escolasaudepublica.sergas.gal) e na da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (https://acis.sergas.gal) antes do inicio das sesións de defensa dos traballos finais.
11.4. Os tribunais desenvolverán as súas funcións durante as sesións previstas para a defensa dos traballos finais, que poderán organizarse en xornadas de mañá e/ou de tarde, de acordo coa planificación establecida pola Escola Galega de Saúde Pública. As sesións de defensa celebraranse os días 18 e/ou 19 de outubro de 2027; en función do número de traballos presentados e de tribunais constituídos, poderán concentrarse nunha única xornada.
11.5. Corresponde aos tribunais cualificadores a avaliación dos traballos finais, formular as preguntas que consideren oportunas durante a defensa e emitir a cualificación correspondente, de conformidade cos criterios establecidos na convocatoria.
11.6. A súa composición farase pública nas web da Escola Galega de Saúde Pública (https://escolasaudepublica.sergas.gal) e de ACIS (https://acis.sergas.gal), mediante resolución da directora xeral de Saúde Pública, durante o desenvolvemento do curso, designándose membros titulares e suplentes.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que a ditou, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2026
Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública
ANEXO I
Baremo de méritos académicos e profesionais
1. Méritos académicos.
a) Para titulados superiores:
– Grao universitario, diplomatura ou licenciatura: 0,50 puntos.
– Premio extraordinario de fin de carreira: 1,00 punto.
– Diploma de estudos avanzados: 1,50 puntos.
– Título de doutor: 2,00 puntos.
b) Para titulados medios:
– Premio extraordinario de fin de carreira: 1,00 punto.
A valoración dos méritos desta epígrafe 1 será excluínte e computarase unicamente o mérito de maior puntuación.
2. Formación especializada.
– Médicos, farmacéuticos, químicos e outros especialistas tras residencia: 2,50 puntos.
– Outras especialidades, tras a licenciatura, diplomatura ou grao superadas en rama sanitaria, que non leven residencia: 1,50 puntos.
– Formación de posgrao en rama sanitaria: 1,00 punto.
Estes méritos acreditaranse, no primeiro suposto, mediante a presentación da correspondente certificación de servizos prestados, orixinal ou copia auténtica emitida polo organismo competente, e nos restantes, mediante a presentación do nomeamento ou titulación correspondente, orixinal ou fotocopia debidamente compulsada ou legalizada, ao correo electrónico escola.saude.publica@sergas.es
3. Actividade profesional.
Servizos prestados á Administración sanitaria ou de docencia sanitaria, estatal ou autonómica, en réxime de propietario ou interino, ata un máximo de 4 puntos, valorarase por un mes: 0,1 puntos.
Servizos prestados á Administración sanitaria ou de docencia sanitaria, estatal ou autonómica, en réxime de contratado eventual, ata un máximo de 4 puntos, valorarase por un mes: 0,05 puntos.
Estes méritos acreditaranse mediante a presentación da correspondente certificación de servizos prestados, orixinal ou copia auténtica, emitida polo organismo competente.
4. Cursos de Saúde Pública.
Por cursos específicos en materia de saúde pública: por cada 10 horas valorarase: 0,1 punto, ata un máximo de 3 puntos.
Só se valorarán os diplomas ou certificacións que se presenten, orixinais ou copias auténticas obtidos en cursos impartidos por organismos oficiais con docencia recoñecida e nos cales se especifique o número de horas lectivas e/ou créditos. No caso de diplomas ou certificacións de cursos realizados en ACIS non será necesario achegar a dita documentación.
|
Baremo de méritos |
Baremo (puntos) |
Autovaloración (puntos) |
Comprobación (puntos) |
|
1. Méritos académicos (excluíntes, computarase o de maior puntuación) |
|||
|
a) Titulados superiores: |
|||
|
Grao universitario ou equivalente |
0,50 |
||
|
Premio extraordinario de carreira |
1,00 |
||
|
Diploma de estudos avanzados |
1,50 |
||
|
Título de doutor |
2,00 |
||
|
b) Titulados medios: |
|||
|
Premio extraordinario fin de carreira |
1,00 |
||
|
2. Formación especializada |
|||
|
Médicos, farmacéuticos, químicos e outros especialistas tras residencia |
2,50 |
||
|
Outras especialidades en rama sanitaria que non levan residencia |
1,50 |
||
|
Formación de posgrao en rama sanitaria |
1,00 |
||
|
3. Actividade profesional (máx. 8 ptos.) |
|||
|
Servizos prestados, propietario/interino (máx. 4 ptos.) |
0,1/mes |
||
|
Servizos prestados, contratado eventual (máx. 4 ptos.) |
0,05/mes |
||
|
4. Cursos de Saúde Pública (máx. 3 ptos.) |
|||
|
Cursos específicos en materia de saúde pública |
0,1/10 horas |
||
|
Total |
|||
En.............................., .......... de.................... de..........
Sinatura
En cumprimento da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, o arriba asinante autoriza a ACIS a incluír os seus datos persoais nun ficheiro informático da entidade, para remitirlle información dos cursos. Cando vostede desexe, poderá acceder aos seus datos, para solicitar a súa rectificación ou cancelación, enviando unha carta a esta entidade.
ANEXO II
Solicitude de participación no curso de Diplomado en Saúde Pública que se vai celebrar en Galicia
D./Dna............................................................................ DNI/NIE..........................................
coa titulación universitaria de:................................................................................................
Natural de..........................................................., provincia de...............................................
con domicilio en................................................... provincia de..............................................,
rúa................................................................................................................. nº....................,
código postal:......................, teléfono (fixo e móbil):..............................................................
correo-e (obrigatorio):.............................................................................................................
EXPÓN:
Que desexa participar no curso de Diplomado de Saúde Pública convocado neste ano académico a celebrar pola Escola Galega de Saúde Pública e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde. Que acepta todas as condicións expresadas nas bases da convocatoria deste, polo que:
SOLICITA:
Que sexa admitida a presente solicitude e documentación adxunta, co fin de tomar parte no citado curso, na edición que se vai celebrar en Galicia en modalidade teleformación.
En.............................., .......... de.................... de..........
Sinatura
ANEXO III
Programa
Módulo 1. Introdución á saúde pública (2 ECTS, 20 horas).
Módulo 2. Metodoloxía en saúde pública: demografía, bioestatística, método epidemiolóxico, métodos cualitativos (4 ECTS, 40 horas).
Módulo 3. Vixilancia de saúde pública e resposta a alertas e emerxencias (3 ECTS, 30 horas).
Módulo 4. Investigación e comunicación científica (2 ECTS, 20 horas).
Módulo 5. Protección da saúde (5 ECTS, 45 horas).
Módulo 6. Promoción da saúde e prevención da enfermidade (5 ECTS, 45 horas).
Módulo 7. Traballo final (9 ECTS, 75 horas).
O contido de cada un dos módulos adaptarase aos requisitos que estableza a Escola Nacional de Sanidade.
Calendario
Duración: 275 horas.
Parte teórica modalidade teleformación: do 25 de xaneiro ao 19 de xuño de 2027.
Presentación do traballo final: 18 e/ou 19 de outubro de 2027, en función do número de traballos presentados e de tribunais constituídos.
Horario: metodoloxía teleformación.
|
Módulos |
Horas lectivas |
Datas |
|
Módulo 1 |
20 |
25 de xaneiro-5 de febreiro de 2027 |
|
Módulo 2 |
40 |
8 de febreiro-5 de marzo de 2027 |
|
Módulo 3 |
30 |
8 de marzo-2 de abril de 2027 |
|
Módulo 4 |
20 |
5-17 de abril de 2027 |
|
Módulo 5 |
45 |
19 de abril-20 de maio de 2027 |
|
Módulo 6 |
45 |
21 de maio-19 de xuño de 2027 |
|
Módulo 7 |
75 |
Webinar preparación traballo final: entre o 22 e o 25 de xuño de 2027/Defensa do traballo final (presencial): 18 e/ou 19 de outubro de 2027 |
