DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56615

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026 pola que se incrementa o crédito previsto na Resolución do 4 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a posta en marcha de proxectos individuais de investigación e desenvolvemento, cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026. Programa ciencia-empresa (código de procedemento IN852F).

O 25 de marzo de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a posta en marcha de proxectos individuais de investigación e desenvolvemento cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, Programa ciencia-empresa.

O artigo 2 das bases reguladoras establece que os créditos dedicados a esta convocatoria poderán ampliarse despois da declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009) e, se for o caso, logo da aprobación orzamentaria que proceda.

Dado o elevado volume de solicitudes presentadas, e tendo en conta que existe crédito dispoñible procedente de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito e o mesmo código de proxecto, considérase oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o importe total da axuda convocada para atender un maior número de solicitudes. Este aumento de crédito aplícase integramente á liña de proxectos STEP, pois a inmensa maioría dos proxectos presentados encádranse nesta liña.

De acordo co anterior, unha vez declarada a dispoñibilidade de crédito, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 30.2.b) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 4 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a posta en marcha de proxectos individuais de investigación e desenvolvemento cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, Programa ciencia-empresa, na contía de 4.050.000 €. Con esta ampliación, o importe total destas axudas ascende a 7.050.000 €, distribuído do seguinte xeito:

Distribución orzamentaria para proxectos non STEP:

Aplicación

orzamentaria

Código do proxecto

2026

2027

2028

Total

07.A2.561A.770.0

2023.00002

106.597,07 €

279.044,50 €

161.781,80 €

547.423,37 €

Distribución orzamentaria para proxectos STEP:

Aplicación

orzamentaria

Código do proxecto

2026

2027

2028

Total

07.A2.561A.770.0

2023.00002

993.402,93 €

3.226.234,94 €

2.282.938,76 €

6.502.576,63 €

A publicación desta resolución non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación