DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56617

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 9 de novembro de 2026 polo que se determina a publicación da Comisión de Radio e Televisión para as eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, convocadas polo Real decreto 806/2026, do 5 de outubro.

A Xunta acorda a publicación da composición da Comisión de Radio e Televisión a que se refire o artigo 65 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, á cal corresponde, baixo a dirección desta xunta, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado que terán lugar o próximo día 29 de novembro.

Os membros da Comisión de Radio e Televisión aceptaron os cargos a que fai mención o artigo 65.5 e a súa composición é a seguinte:

– Francisco Suárez Fernández, presidente.

– Antón Baldomir Vilela, secretario.

– Estevo Sánchez Gálvez, vogal.

– Silvia Seixas Naia, vogal.

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este acordo.

A Coruña, 9 de novembro de 2026

Lourdes Villegas Castrillo
Secretaria da Xunta Electoral Provincial da Coruña