DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de outubro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa ao deslindamento dos montes veciñais en man común Testeiro e De Espiñeira, no concello do Irixo.

Examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do MVMC Testeiro, pertencente á CMVMC de Carballeda, Munín e Subirol, e o MVMC De Espiñeira, pertencente á CMVMC de Espiñeira, no concello do Irixo, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 10.12.2025, a CMVMC de Carballeda, Munín e Subirol presentou un escrito (Rexel 2025/3429379) en que solicita a aprobación dun deslindamento coa CMVMC de Espiñeira.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación.

– Acta de deslindamento levantada o 28.8.2025.

– Certificacións dos acordos das respectivas asembleas xerais do 9.11.2025 (Carballeda, Munín e Subirol) e do 15.11.2025 (Espiñeira).

– Acta de conciliación redactada o 5.11.2025 no Xulgado de Paz do Irixo.

– Memoria de deslindamento.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial (shapefile) coa proposta.

Segundo. O informe do Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense, do 17.3.2026, fai constar que a documentación achegada corresponde ao deslindamento do perímetro estremeiro entre o MVMC Testeiro, pertencente á CMVMC de Carballeda, Munín e Subirol, e o MVMC De Espiñeira, pertencente á CMVMC de Espiñeira, desde o vértice 1 (o situado máis ao S) ata o vértice 6 (o situado máis ao N).

Logo de analizar os vértices e a súa localización obsérvase que estes se sitúan sobre a ribeira dun rego que constituiría o límite natural entre ambas as propiedades, de acordo co sinalado, ademais, na propia acta do deslindamento.

O citado informe considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que propón ao Xurado Provincial a súa aprobación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se debe seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará unha resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 17.3.2026, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 6.10.2026:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras do MVMC Testeiro, pertencente á CMVMC de Carballeda, Munín e Subirol, e o MVMC De Espiñeira, pertencente á CMVMC de Espiñeira, no concello do Irixo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 26 de outubro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense