DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 9 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, relativo ao alleamento, polo procedemento de poxa pública á baixa, de aforro de enerxía final de titularidade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ás 10.00 horas do día 26.11.2026 terá lugar a poxa pública presencial de dous lotes de dereitos de propiedade incorporal constituídos por aforro de enerxía final, xerados con motivo dunhas obras de eficiencia enerxética, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 9 de novembro de 2026.

A poxa terá lugar na sala 1 da Consellería de Facenda e Administración Pública do Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O aforro de enerxía final obxecto de venda distribúese en dous lotes:

Lote 1:

Inmoble

Actuación

Aforro KWh/ano

Valor

CEIP Oza dos Ríos

Rehabilitación integral

181.426

36.035,56 €

CPI San Vicente da Baña

Rehabilitación integral

223.938

44.479,46 €

IES Pobra do Caramiñal

Rehabilitación integral

434.879

86.377,41 €

Tipo de licitación inicial: 166.892,43 €.

Tramo de poxa: 1.000,00 €.

Importe mínimo: 84.024,30 €.

Lote 2:

Inmoble

Actuación

Aforro KWh/ano

Valor

Edificio Administrativo de Monelos A Coruña

Mellora da eficiencia enerxética

476.309

94.606,40 €

Centro de Menores A Carballeira (Ourense)

Renovación

146.152

29.029,29 €

IES de Curtis

Rehabilitación integral

709.870

140.997,22 €

Tipo de licitación inicial: 264.632,91 €.

Tramo de poxa: 1.000,00 €.

Importe mínimo: 46.631,59 €.

O procedemento para a adxudicación do aforro de enerxía final será o de poxa pública á baixa nun acto público con ofertas a viva voz. Para tomar parte na poxa non é requisito a constitución de garantía previa.

Os pregos de condicións que rexen o alleamento dos dereitos están á disposición das persoas interesadas na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública: http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/poxas/vendas

Teléfonos de información: 981 54 41 51 ou 981 95 78 11 (Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio