Logo de detectar erros nas resolucións de nomeamento das escalas técnicas de mantemento de servizos, de recursos naturais e forestais, especialidades de capataz, mecánico naval, patrón de embarcación e guía intérprete de patrimonio natural, de cociña, de condución e de análise de laboratorio; de gardas de recursos naturais, de auxiliar de cociña, de auxiliar de mantemento, de auxiliar de laboratorio, de auxiliar de condución e de auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidades de oficial e de mariñeiro vixilante; e en agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, de recursos naturais e forestais e de mantemento, publicadas polas resolucións do 23 de outubro de 2026 (DOG núm. 208, do 30 de outubro), esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Para os procesos selectivos afectados pola Lei 20/2021, do 28 de decembro, suprímese a obriga de cesar o día 18 de novembro de 2026.
Segundo. Tras advertir a omisión do prazo posesorio para as persoas aspirantes que adquiriron a condición de persoal funcionario de carreira mediante o seu cambio de vínculo xurídico nos procesos de funcionarización e de promoción específica, nomeadas como persoal funcionario de carreira na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, establécese que de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
Para estas persoas, o cesamento deberá efectuarse o día 18 de novembro de 2026.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de quince días hábiles e deberá computarse desde o día 19 de novembro de 2026.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
