DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56622

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomea o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Unha vez ditada a Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 19 de maio de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 102, do 3 de xuño de 2026, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, e de conformidade co establecido no artigo 6 da Orde do 30 de novembro de 2017, da daquela denominada Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establece o procedemento para a selección e o nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, publicada no Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro, esta dirección xeral

DISPÓN:

Nomear o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, coa composición que se relaciona a seguir:

Tribunal titular:

Presidencia:

– Beatriz Díaz Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– José Carlos Fagín Taboada, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– María Cobas Garabal, persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Dalmiro Núñez Méndez, persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Javier Enrique Fraga Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Ana Díaz Teijeiro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Secretaría:

– Raquel Belén Bahillo Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– José Antonio Rueda Valenzuela, persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Manuel Quintáns Brun, persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

– Jeanette Mª Guardado Calvo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2026

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local