Para dar cumprimento o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, logo de intentar esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e intereses, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT MEA811 Ribeira do Sor 11 entre apoios BDJND5FB//90-2 e BE2BTADB//90-10, no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/133-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.
A Coruña, 28 de outubro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/078-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LAMT MEA811 Ribeira do Sor 11 entre apoios BDJND5FB//90-2 e BE2BTADB//90-10.
Concello: Ortigueira.
|
Predio |
Lugar |
Ref. Catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
Veiga |
Polígono: 25 Parcela: 313 |
Sergio Cambia Pérez |
9.12.2026 |
10.30 |
|
2 |
Regovello |
Polígono: 25 Parcela: 1061 |
Faustino Fernández Vázquez e fillos |
9.12.2026 |
10.30 |
