DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56720

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación CETMAR

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuidas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de persoal dunha persoa técnica de área para a cobertura temporal dunha sustitución por incapacidade temporal de longa duración.

As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/).

A data tope de entrega de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 5 de novembro de 2026

Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar