DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56717

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan especial de reforma interior número 5 (PERI-5) no ámbito da AEI-B. San Lázaro (expediente 2026/10453A).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 21 de setembro de 2026, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de reforma interior núm. 5 (PERI-5) no ámbito da AEI-B -San Lázaro-, formulada de oficio polo Concello de Santiago de Compostela, segundo o documento presentado o día 15 de setembro de 2026 por PLANIFICACIÓN TEC.

De conformidade co artigo 18.1.a) da Lei 1/2019, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, a modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo dun mes. Para este efecto, publicaranse anuncios no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e nun xornal dos de maior difusión na provincia, así como no taboleiro de edictos.

A seguir relaciónanse as parcelas catastrais afectadas pola modificación:

9385702NH3498E

Rúa de San Lázaro, 42

9385703NH3498E

Rúa de San Lázaro, 44 (exclúese do ámbito da AEI-B)

9385704NH3498E

Rúa de San Lázaro, 46 (exclúese do ámbito da AEI-B)

9385705NH3498E

Rúa de San Lázaro, 48 (exclúese do ámbito da AEI-B)

9385706NH3498E

Rúa de San Lázaro, 52 (exclúese do ámbito da AEI-B)

9385714NH3498E

Avda. de Fernando Casas Novoa, 11

9385715NH3498E

Avda. de Fernando Casas Novoa, 3

9385716NH3498E

Rúa de San Lázaro, 50

9385717NH3498E

Avda. de Fernando Casas Novoa, 7

9385718NH3498E

Avda. de Fernando Casas Novoa, 9

9385719NH3498E

Rúa de San Lázaro, 40 (exclúese do ámbito da AEI-B)

9385720NH3498E

Rúa de San Lázaro, 40 A

9385721NH3498E

Rúa de San Lázaro, 36 A

9385722NH3498E

Avda. de Fernando Casas Novoa, 1 A

9385723NH3498E

Avda. de Fernando Casas Novoa, 1

Suspensión de licenzas.

Por aplicación do disposto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no 86.2 do seu regulamento (RLSG), o acordo de aprobación inicial determina, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición no ámbito das parcelas afectadas.

A suspensión non afectará os actos relacionados no número 3 do artigo 86 do Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG).

A suspensión terá unha duración máxima de dous (2) anos, contados desde o acordo de aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva e entrada en vigor do planeamento.

O acordo de aprobación inicial adoptouse o día 21 de setembro de 2026, polo que os efectos da suspensión se extinguirán o día 21 de setembro de 2028.

Consulta da documentación.

A documentación sometida a exposición pública pode consultarse no seguinte enderezo da páxina web do Concello de Santiago de Compostela:

https://santiagodecompostela.gal/gl/transparencia/modificacion-do-peri-5-no-ambito-da-aei-b-san-lazaro

Tamén se poderá consultar de forma presencial no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago de Compostela (sito na rúa das Casas Reais, núm. 8, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Presentación de alegacións.

As persoas que desexen formular alegacións dispoñen do prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte o disposto no artigo 30.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As alegacións deberán formularse por escrito, a través de calquera dos medios relacionados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e indicando no escrito o seguinte número de identificación do procedemento: 2026/10453A.

As alegacións poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela, na epígrafe «Catálogo de trámites» a través do trámite «Presentación de documentación e alegacións» e da opción «Achega libre». Deberase introducir o dato 2026/10453A no campo «Referencia» e incorporar o documento das alegacións.

As persoas xurídicas, así como as persoas físicas que as representen, só poderán presentar a súa alegación por medios electrónicos.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2026

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2023/8135, do 17.6.2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica