DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 11 de novembro de 2026 Páx. 56629

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2026 pola que se convoca un concurso de acceso a prazas de catedrático/a de universidade por promoción interna.

De conformidade coa oferta de emprego público (OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2026, aprobada mediante a Resolución reitoral do 25 de marzo de 2026 (DOG do 6 de abril), e despois do Acordo do Consello de Goberno desta universidade do 30 de setembro de 2026, este reitorado, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 126 dos estatutos da Universidade da Coruña, que foron aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro, da Xunta de Galicia, resolve convocar o concurso de acceso das prazas que se relacionan no anexo I desta resolución, de acordo coas seguintes bases:

1. Normativa aplicable.

O procedemento de selección rexerase:

a) Pola Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (LOSU).

b) Polo Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas dos ditos corpos.

c) Pola normativa para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña (UDC) o 7.11.2024.

d) Polas instrucións de actuación telemática das comisións de selección publicadas no taboleiro electrónico oficial (TEO) o 31.10.2024.

e) Polas demais disposicións legais vixentes aplicables.

2. Requisitos dos/das aspirantes.

Os/as candidatos/as deberán cumprir os seguintes requisitos no último día do prazo de presentación de solicitudes.

2.1. Requisitos xerais.

a) Ter nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público, de acordo co disposto no artigo 52 da Lei 2/1015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

b) Estar en posesión da titulación exixida.

c) Non ter sido despedido/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario de que a persoa fose separada ou inhabilitada.

No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

d) Cumprir os requisitos mínimos e máximos de idade legalmente establecidos para o acceso á Administración pública.

e) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

f) Ter aboado as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

O requisito e) deberá ser acreditado no acto de toma de posesión.

2.2. Requisitos específicos.

a) Posuír o título de doutor/a.

No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá estar en posesión da correspondente declaración de equivalencia ao nivel académico de doutora ou doutor, tal como establece a disposición adicional segunda do Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinanzas universitarias de sistemas educativos estranxeiros e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel de MECES dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores.

b) Contar co certificado de acreditación para o acceso ao corpo de catedráticos/as de universidade, emitida pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANACA), ou ben estar habilitado/a para o corpo de catedráticos/as de universidade conforme o establecido no Real decreto 774/2002, do 26 de xullo.

c) Ter prestado dous anos de servizos efectivos no posto de orixe como profesor/a titular de universidade ou como catedrático/a de escola universitaria.

3. Presentación de solicitudes.

3.1. Prazo e forma de presentación.

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica da UDC (https://sede.udc.gal/), na sección Trámites de xestión académica, utilizando o modelo oficial adxunto no anexo II xunto co resto da documentación na forma que se indica no anexo III.

O prazo para a presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, tal como establece o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3.2. Documentación requirida.

a) Copia do documento nacional de identidade (DNI) ou equivalente en vigor.

As persoas que se encontren nalgún dos supostos recollidos nas alíneas c) e d) do número 1 do artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, deberán presentar, ademais, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco e, de ser o caso, do feito de vivir a expensas ou estar a cargo dun nacional dun Estado membro da Unión Europea. A acreditación realizarase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do seu país de orixe, traducidos para algunha das linguas oficiais da UDC.

b) Copia do certificado de acreditación ou de habilitación para o acceso ao corpo de catedráticos/as de universidade.

c) Xustificante de pagamento na conta corrente IBAN ES76 0049 5030 1525 1601 1262; titular: Universidade da Coruña, concursos-oposicións; Banco Santander, S.A., da cantidade de 44,17 euros por cada praza a que se concurse, dentro do prazo de presentación de solicitudes e facendo constar como concepto a referencia do número da praza a que se opta.

En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación da solicitude en tempo e forma.

Exencións e bonificacións:

Condicións

Exención/bonificación

Documentación que cómpre presentar coa solicitude

Discapacidade igual ou superior ao 33 %

Exención de pagamento

Copia da cualificación do grao de discapacidade vixente

Familia numerosa de categoría especial

Exención de pagamento

Copia do título de familia numerosa vixente

Familia numerosa de categoría xeral

Bonificación do 50 %

A falta de pagamento dos dereitos de exame no prazo de presentación de solicitudes non é reparable e determinará a exclusión definitiva do concurso, agás que acredite o pagamento realizado no prazo de presentación de solicitudes ou a exención do pagamento da citada taxa no prazo de emenda correspondente.

Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para ese efecto, a persoa interesada deberá presentar a correspondente solicitude.

4. Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, nos dez días hábiles seguintes, o Servizo de Persoal Docente e Investigador (PDI) publicará no taboleiro electrónico oficial (TEO) (https://sede.udc.gal/services/electronic_board) a resolución reitoral coa relación provisional de persoas admitidas e excluídas e, se é o caso, as causas de exclusión.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación da referida relación, para corrixiren o defecto que motivou a exclusión ou presentaren alegacións contra a eventual omisión na relación, a través do Rexistro electrónico da Universidade (https://sede.udc.gal/services/telematic_register).

Transcorrido este prazo, o reitor ditará resolución coa lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se publicará no TEO.

5. Procedemento de selección.

5.1. Comisións de selección.

As comisións estarán compostas por cinco membros titulares e cinco suplentes (anexo I), dos cales polo menos tres titulares e tres suplentes serán alleos á UDC. Os vogais serán elixidos por sorteo público a partir dunha lista cualificada de profesorado e persoal investigador elaborada polo departamento correspondente.

O acto de constitución realizarase nos trinta días hábiles seguintes ao da publicación da relación definitiva de aspirantes.

As comisións quedarán validamente constituídas coa presenza de todos os seus membros. Se algún dos membros titulares non pode asistir, será substituído polo correspondente suplente, garantindo o principio de composición paritaria entre mulleres e homes, agás que non sexa posible por razóns fundadas e obxectivas debidamente motivadas.

Para a válida actuación das comisións requírese, polo menos, a asistencia de catro dos seus membros.

Os acordos das comisións serán motivados e adoptaranse por maioría. No caso de empate decidirá o voto de calidade da Presidencia.

A participación dos membros alleos á UDC realizarase por defecto a través dos medios telemáticos institucionais. Os membros da UDC actuarán no centro ao cal estea adscrito o departamento que solicite a praza ou, excepcionalmente, no centro da UDC do cal formen parte a maioría dos membros da Comisión.

Os membros da Comisión de Selección terán dereito a percibir as indemnizacións establecidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

5.2. Desenvolvemento do concurso.

5.2.1. No acto de constitución, a comisión de Selección establecerá os criterios de valoración, de conformidade coas directrices recollidas no anexo IV da Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/exp2024/008762). A Presidencia da Comisión remitiralle os ditos criterios ao Servizo de PDI (servizo.pdi@udc.es) para a súa publicación no TEO.

Así mesmo, no mesmo acto de constitución, a Comisión fixará a data para a entrega, por parte das persoas candidatas, do currículo e da documentación acreditativa dos méritos en soporte electrónico, de acordo coas indicacións contidas no anexo IV. Esta data deberá ser posterior á publicación dos criterios de valoración. Para estes efectos, a Presidencia da Comisión remitiralle ao Servizo de PDI o acordo correspondente para a súa publicación no TEO.

5.2.2. O concurso consistirá na valoración dos méritos e do historial académico, docente, investigador, incluído o de transferencia e intercambio do coñecemento, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial de cada persoa candidata.

A Comisión redactará a acta de valoración.

5.2.3. A Secretaría da Comisión garantirá que a documentación entregada polas persoas concursantes poida ser consultada.

6. Resolución e reclamacións.

6.1. Publicación de resultados.

Unha vez realizadas as valoracións, a Comisión de Selección formulará a súa proposta de provisión, na cal figurarán a/as persoa/s candidata/s seleccionadas por orde de puntuación.

Se a Comisión considera que ningunha das persoas candidatas reúne os méritos suficientes para desempeñar a praza obxecto do concurso, poderá propor a non provisión da praza xustificando as causas que motivan tal proposta. Neste caso, o reitor decidirá se procede declarar deserta a praza ou iniciar un novo procedemento.

A proposta de provisión deberá publicarse no TEO no prazo máximo de trinta días hábiles desde a constitución da Comisión, xunto coa acta de valoración. Se, por causa xustificada a Comisión non pode resolver no citado prazo, a Presidencia da Comisión poderá solicitarlle ao reitor un prazo adicional de quince días hábiles. De non cumprirse os prazos, nomearase unha nova Presidencia.

6.2. Prazo de reclamacións.

As persoas concursantes poderán presentar reclamacións razoadas nun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados, a través do Rexistro electrónico da UDC, dirixidas ao Servizo de PDI.

Transcorrido o prazo, e no suposto de non haber reclamacións contra a proposta, a Presidencia da Comisión remitirá todas as actuacións efectuadas en formato electrónico, ao Servizo de PDI, para efectos de que o reitor dite a resolución do concurso, que se publicará no BOE, no DOG e no TEO.

No caso de que se presente algunha reclamación, a Comisión trasladará o expediente administrativo do concurso, acompañado dun informe razoado sobre esta, ao Servizo de PDI no prazo máximo de cinco días hábiles, que o remitirá á Presidencia da Comisión de Reclamacións de prazas de profesorado dos corpos docentes universitarios. O nomeamento suspenderase ata que se dite resolución reitoral.

A Comisión de Reclamacións deberá formular a súa proposta razoada no prazo máximo de tres meses desde a recepción das actuacións ou do expediente administrativo do concurso. Para estes efectos, poderá solicitar os asesoramentos que considere oportunos. Despois de que transcorra o prazo anterior sen notificar a resolución, entenderase desacollida a reclamación presentada.

A Comisión de Reclamacións oirá os membros da Comisión contra cuxa proposta se presentase reclamación e as persoas candidatas que participasen nestas, e examinará o expediente do concurso para velar polo cumprimento das garantías establecidas. Poderá ratificar ou non a proposta da Comisión de Selección.

6.3. Documentación que deberá presentar a persoa proposta.

A persoa proposta en primeiro lugar deberá presentar no Servizo de PDI, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación da proposta, a seguinte documentación:

a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

As persoas candidatas que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública, segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24).

b) Certificado médico oficial ou informe de saúde de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor/a de universidade.

c) Declaración xurada ou promesa de non incorrer en incompatibilidade segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

7. Nomeamento.

O nomeamento como funcionario docente de carreira será efectuado polo reitor, despois de que a persoa proposta presentase os documentos exixidos no número 6.3 no prazo establecido. O nomeamento especificará a denominación da praza (corpo, área de coñecemento e departamento). Este nomeamento será publicado no BOE, no DOG e no TEO, e comunicado ao Consello de Universidades.

No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata proposta deberá tomar posesión da súa praza, momento en que adquirirá a condición de funcionario do corpo docente universitario do que se trate, cos dereitos e deberes que lle son propios.

8. Protección de datos de carácter persoal.

As persoas aspirantes aceptan a política de privacidade da UDC, recollida na páxina web da UDC (https://www.udc.es/es/pe/politica_privacidade/) e especificada no formulario de solicitude de participación no proceso selectivo.

9. Norma derradeira.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Con todo, e sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro que se considere procedente, pode optarse por interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación. Nese caso, non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non sexa resolto expresamente ou se produza o desacollemento presunto do recurso de reposición interposto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 4 de novembro do 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 28.8.2026)
Luis María Hervella Nieto
Vicerreitor de Profesorado

ANEXO I

Prazas convocadas

Número de concurso: 26/021.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores.

Departamento: Enxeñaría de Computadores.

Centro: Facultade de Informática.

Comisión titular:

Presidente: Fernández Rivera, Francisco Manuel. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Blanco Heras, Dora. Catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 1º: Fernández Pena, Anselmo Tomás. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 2ª: Cortés Fité, Ana. Catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vogal 3º: Cabaleiro Domínguez, José Carlos. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión Suplente:

Presidente: Carretero Pérez, Jesús, Catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Secretaria: Caminero Herráez, María Blanca. Catedrática de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.

Vogal 1º: Argüello Pedreira, Francisco Santiago. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 2ª: Martín Garzón, Gracia Ester. Catedrática de universidade. Universidade de Almería.

Vogal 3º: Plata González, Óscar Guillermo. Catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Número de concurso: 26/022.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.

Departamento: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información.

Centro: Facultade de Informática.

Comisión titular.

Presidente: Santos Reyes, José. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Cabalar Fernández, José Pedro. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Vilares Ferro, Manuel. Catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vogal 2ª: Gómez Pérez, Asunción de María. Catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 3ª: Díaz Rodríguez, Susana Irene. Catedrática de universidade. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente.

Presidente: Dafonte Vázquez, José Carlos. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Ortega Hortas, Marcos. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Cordón García, Óscar. Catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vogal 2ª: Montañés Roces, Elena. Catedrática de universidade. Universidade de Oviedo.

Vogal 3ª: Del Jesús Díaz, María José. Catedrática de universidade. Universidade de Jaén.

Número de concurso: 26/023

Número de prazas: 1

OEP: 2026

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial.

Departamento: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información.

Centro: Facultade de Informática.

Comisión titular:

Presidenta: Alonso Betanzos, María Amparo. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Dafonte Vázquez, José Carlos. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: Gómez Pérez, Asunción de María. Catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2ª: Galván León, Inés María. Catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 3º: Baumela Molina, Luis. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Barreiro García, Álvaro. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Fontenla Romero, Óscar. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: Taboada Iglesias, María Jesús. Catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 2º: Sarro Baro, Luís Manuel. Catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia-UNED.

Vogal 3ª: Radeva, Petia Ivanova. Catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.

Número de concurso: 26/024.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Comercialización e Investigación de Mercados.

Departamento: Empresa.

Centro: Facultade de Economía e Empresa.

Comisión titular:

Presidenta: Rey García, Marta. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Calvo Porral, Cristina. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: Rubio Benito, Natalia María. Catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vogal 2º: Flavián Blanco, Carlos. Catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Vogal 3º: Ruzo Sanmartín, Emilio. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión suplente:

Presidente: Cabanelas Lorenzo, Pablo. Catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Secretaria: Alén González, María Elisa. Catedrática de universidade. Universidade de Vigo.

Vogal 1ª: Sanzo Pérez, María José. Catedrática de universidade. Universidade de Oviedo.

Vogal 2ª: Díaz Martín, Ana María. Catedrática de universidade, Universidade Autónoma de Madrid.

Vogal 3º: Sarabia Sánchez, Francisco José. Catedrático de universidade. Universidade Miguel Hernández de Elche.

Número de concurso: 26/025.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Dereito Administrativo.

Departamento: Dereito Público.

Centro: Facultade de Dereito.

Comisión titular:

Presidenta: García Pérez, Marta María. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Sanz Larruga, Francisco Javier. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Arzoz Santisteban, Xabier. Catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia-UNED.

Vogal 2ª: Franch Saguer, Marta. Catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vogal 3ª: Gallego Córcoles, María Isabel. Catedrática de universidade, Universidade de Castilla-La Mancha.

Comisión suplente:

Presidenta: Nogueira López, María da Alba. Catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Rodríguez Arana Muñoz, Jaime Francisco. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Arana García, Estanislao. Catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vogal 2º: Moreno Molina, José Antonio. Catedrático de Universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.

Vogal 3ª: Mora Ruiz, Manuela. Catedrática de universidade. Universidade de Huelva.

Número de concurso: 26/026.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Dereito Financeiro e Tributario.

Departamento: Dereito Público.

Centro: Facultade de Dereito.

Comisión titular:

Presidente: Caamaño Anido, Miguel Ángel. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Calderón Carrero, José Manuel. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: González-Cuéllar Serrano, María Luisa. Catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 2º: Zornoza Pérez, Juan José. Catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 3ª: Ribes Ribes, Aurora. Catedrática de universidade. Universidade de Alicante.

Comisión suplente:

Presidenta: Ruiz Almendral, Violeta. Catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Secretaria: Moreno González, Saturnina. Catedrática de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.

Vogal 1ª: Martínez Muñoz, María Yolanda. Catedrática de universidade. Universidade de Alicante.

Vogal 2º: Magraner Moreno, Francisco José. Catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

Vogal 3º: López Díaz, Antonio. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Número de concurso: 26/027.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Dereito Penal.

Departamento: Dereito Público.

Centro: Facultade de Dereito.

Comisión titular:

Presidenta: Faraldo Cabana, Patricia. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Puente Aba, Luz María. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: Cuerda Arnau, María Luisa. Catedrática de universidade. Universitat Jaume I-Castellón.

Vogal 2º: Demetrio Crespo, Eduardo. Catedrático de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.

Vogal 3º: Díaz y García-Conlledo, Miguel. Catedrático de universidade. Universidade de León.

Comisión suplente:

Presidente: Brandariz García, José Ángel. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Pérez Cepeda, Ana Isabel. Catedrática de universidade. Universidade de Salamanca.

Vogal 1ª: Sanz Mulas, María Nieves. Catedrática de universidade. Universidade de Salamanca.

Vogal 2ª: Tomás-Valiente Lanuza, Carmen. Catedrática de universidade. Universidade das Illas Baleares.

Vogal 3º: Dopico Gómez-Aller, Jacobo. Catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Número de concurso: 26/028.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Enxeñaría Mecánica.

Departamento: Enxeñaría Naval e Industrial.

Centro: Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.

Comisión titular:

Presidente: Cuadrado Aranda, Francisco Javier. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Naya Villaverde, Miguel Ángel. Catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: López Boada, Beatriz. Catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 2º: Pintado Sanjuán, Publio. Catedrático de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.

Vogal 3ª: Miguélez Garrido, María Henar. Catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Yáñez Casal, Armando José. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Ramil Rego, Alberto. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: Mayo Núñez, Juana María. Catedrática de universidade. Universidade de Sevilla.

Vogal 2º: Fernández del Rincón, Alfonso. Catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Vogal 3ª: Martínez Muneta, María Luisa. Catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Número de concurso: 26/029.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Filoloxía Inglesa.

Departamento: Letras.

Centro: Facultade de Filoloxía.

Comisión titular:

Presidenta: Lorenzo Modia, María Jesús. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Moskowich-Spiegel Fandiño, Isabel Sofía. Catedrática de Universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Varela Zapata, Jesús. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 2ª: Jaime de Pablos, María Elena. Catedrática de universidade. Universidade de Almería.

Vogal 3º: Lázaro Lafuente, Luis Alberto. Catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Comisión suplente:

Presidenta: Simal González, Begoña. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Crespo García, María Begoña. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: Durán Giménez-Rico, Isabel. Catedrática de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vogal 2º: Gurpegui Palacios, José Antonio. Catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Vogal 3º: Ballesteros González, Antonio Andrés. Catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia-UNED.

Número de concurso: 26/030.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: Catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Historia do Dereito e das Institucións.

Departamento: Dereito Privado.

Centro: Facultade de Dereito.

Comisión titular:

Presidenta: Serna Vallejo, Margarita. Catedrática de universidade. Universidade de Cantabria.

Secretario: Jordá Fernández, Antoni Mª. Catedrático de universidade. Universidade Rovira y Virgili.

Vogal 1º: Martínez Llorente, Félix Javier. Catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Vogal 2º: López Nevot, José Antonio. Catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vogal 3ª: Ramos Vázquez, Isabel. Catedrática de universidade. Universidade de Jaén.

Comisión suplente:

Presidenta García Trobat, Pilar. Catedrática de universidade. Universidade de Valencia.

Secretario: Ramis Barceló, Rafael. Catedrático de universidade. Universidade das Illas Baleares.

Vogal 1º: Pino Abad, Miguel. Catedrático de universidade. Universidade de Córdoba.

Vogal 2º: Pérez Juan, José Antonio. Catedrático de universidade. Universidade Miguel Hernández de Elche.

Vogal 3ª: Martínez Almira, María Magdalena. Catedrática de universidade. Universidade de Alicante.

Número de concurso: 26/031.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Historia e Institucións Económicas.

Departamento: Economía.

Centro: Facultade de Economía e Empresa.

Comisión titular:

Presidente: Sánchez Picón, Andrés. Catedrático de universidade. Universidade de Almería.

Secretaria: Gil Lázaro, Alicia. Catedrática de universidade. Universidade de Sevilla.

Vogal 1ª: Congost Colomer, María Rosa. Catedrática de universidade. Universidade de Girona.

Vogal 2º: Pérez de Perceval Verde, Miguel Ángel. Catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vogal 3º: Collantes Gutiérrez, Fernando. Catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Pinilla Navarro, Vicente José. Catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Secretaria: Martínez Rodríguez, Susana. Catedrática de universidade. Universidade de Murcia.

Vogal 1ª: Botella Rodríguez, Elisa. Catedrática de universidade. Universidade de Salamanca.

Vogal 2ª: Puig Raposo, Nuria. Catedrática de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vogal 3º: Garcia Ruíz, José Luis. Catedrático de Universidade. Universidade Complutense de Madrid

Número de concurso: 26/032.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Matemática Aplicada.

Departamento: Matemáticas.

Centro: Facultade de Informática.

Comisión titular:

Presidenta: Herrero Sanz, Henar. Catedrática de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.

Secretario: Navarrina Martínez, Fermín Luis. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: Higueras Sanz, María Inmaculada, Catedrática de universidade. Universidade Pública de Navarra.

Vogal 2º: Bellido Guerrero, José Carlos. Catedrático de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.

Vogal 3ª: Donat Beneito, Rosa María. Catedrática de universidade. Universidade de Valencia.

Comisión suplente:

Presidenta: Quintela Estévez, Peregrina. Catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Colominas Ezponda, Ignacio. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vogal 1ª: Calvo Cabrero, María Paz, Catedrática de universidade. Universidade de Valladolid.

Vogal 2º: Fernández García, José Ramón. Catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vogal 3º: Ramos del Olmo, Ángel Manuel. Catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Número de concurso: 26/033.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Medicina.

Departamento: Medicina.

Centro: Facultade de Ciencias da Saúde.

Comisión titular:

Presidenta: Marazuela Azpiroz, Mónica. Catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Secretario: González Quintela, Arturo. Catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 1ª: Torres Jaén, María Josefa. Catedrática de universidade. Universidade de Málaga.

Vogal 2º: Sánchez Chaparro, Miguel Ángel. Catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Vogal 3ª: Vidal Pan, María del Carmen. Catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión suplente:

Presidenta: Roldán Schilling, Vanessa. Catedrática de universidade. Universidade de Murcia.

Secretario: Marín Ortuño, Francisco. Catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Vogal 1ª: Carrillo Díaz, María Teresa. Catedrática de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Vogal 2º: Gómez Huelgas, Ricardo. Catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Vogal 3º: Berenguer Haym, Marina Carmen. Catedrática de universidade. Universidade de Valencia.

Número de concurso: 26/034.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Psicobioloxía.

Departamento: Psicoloxía.

Centro: Facultade de Ciencias da Educación.

Comisión titular:

Presidenta: Laffon Lage, Blanca. Catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Salas García, Cosme. Manuel. Catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vogal 1ª: Collado Guirao, María de la Paloma. Catedrática de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia-UNED.

Vogal 2ª: Vinader Caerols, Concepción. Catedrática de universidade. Universidade de Valencia.

Vogal 3º: Arias Pérez, Jorge Luis. Catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Navarro Humanes, José Francisco. Catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Secretaria: González Bono, Esperanza. Catedrática de universidade. Universidade de Valencia.

Vogal 1ª: Pinos Sánchez, María Elena. Catedrática de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia-UNED.

Vogal 2ª: Olivares Carreño, Ela Isabel. Catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vogal 3º: Ordoñana Martín, Juan Ramón. Catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Número de concurso: 26/035.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Psicoloxía Evolutiva e da Educación.

Departamento: Psicoloxía.

Centro: Facultade de Ciencias da Educación.

Comisión titular:

Presidente: Peralbo Uzquiano, Manuel. Catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: González Castro, María Paloma. Catedrática de universidade. Universidade de Oviedo

Vogal 1º: Castejón Costa, Juan Luis. Catedrático de universidade. Universidade de Alicante

Vogal 2ª: Sastre Riba, Silvia. Catedrática de universidade. Universidade da Rioja.

Vogal 3ª: Gilar Corbi, Raquel. Catedrática de universidade. Universidade de Alicante.

Comisión suplente:

Presidente: Huguet Canalís, Ángel. Catedrático de universidade. Universidade de Lleida.

Secretaria: Pérez Fuentes, María del Carmen. Catedrática de universidade. Universidade de Almería.

Vogal 1º: Rodríguez Pérez, Celestino. Catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Vogal 2º: Saldaña Sage, David. Catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vogal 3ª: Saiz Manzanares, María Consuelo. Catedrática de Universidade. Universidade de Burgos.

Número de concurso: 26/036.

Número de prazas: 1.

OEP: 2026.

Corpo: catedrático/a de universidade.

Área de coñecemento: Tecnoloxía Electrónica e Teoría do Sinal e Comunicacións.

Departamento: Enxeñaría de Computadores.

Centro: Facultade de Informática.

Comisión titular:

Presidente: Sánchez Pena, José Manuel. Catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Secretaria: Sánchez Fernández, Matilde Pilar. Catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 1º: Briso Rodríguez, César. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2º: Millet Roig, José. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Vogal 3ª: Piñero Sipán, María Gemma. Catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente: Sánchez Reíllo, Raúl. Catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Secretaria: García Armada, Ana. Catedrática de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 1º: Alonso Montes, José Ignacio. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vogal 2º: Míguez Arenas, Joaquín. Catedrático de universidade. Universidade Carlos III de Madrid.

Vogal 3ª: Gómez González, Isabel María. Catedrática de universidade. Universidade de Sevilla.

missing image file
missing image file

ANEXO III

Guía para a presentación da documentación

Todas as solicitudes se presentarán a través da sede electrónica da UDC (https://sede.udc.gal/).

Os ficheiros da solicitude e da documentación indicada na base 3 da convocatoria deberán presentarse en formato pdf e non poderán exceder a capacidade de 5 MB por arquivo.

Os arquivos denominaranse:

NIF.pdf (permite tamén unha imaxe JPEG PNG BMP GIF).

Solicitude.pdf.

Taxa.pdf (permite tamén unha imaxe JPEG PNG BMP GIF).

Titulacion.pdf (permite tamén unha imaxe JPEG PNG BMP GIF).

Acreditacion_evaluacion.pdf.

A solicitude deberá asinarse electronicamente.

ANEXO IV

Curriculum vitae e documentación acreditativa dos méritos

O curriculum, en formato libre, incluirá os datos persoais e deberá conter, polo menos, a información relativa aos seguintes méritos:

1. Experiencia docente.

1.1. Docencia universitaria en titulacións oficiais.

1.2. Calidade docente.

1.2.1. Avaliación no programa Docentia.

1.2.2. Elaboración de manuais e libros de texto con finalidade docente universitaria.

1.2.3. Participación en proxectos e grupos de innovación docente.

1.2.4. Estadías docentes.

1.2.5. Mobilidade docente.

1.2.6. Premios e recoñecementos docentes.

1.2.7. Formación docente impartida.

1.2.8. Formación docente recibida.

1.3. Outros méritos.

2. Experiencia investigadora e de transferencia.

2.1. Publicacións científicas.

2.2. Comunicacións en reunións científicas.

2.3. Bolsas e contratos pre e posdoutorais.

2.4. Estancias pre e posdoutorais.

2.5. Dirección de teses de doutoramento.

2.6. Participación en proxectos de investigación de convocatorias competitivas e en convenios de investigación.

2.7. Accións de transferencia e divulgación.

2.8. Outros méritos.

3. Experiencia profesional e de xestión.

3.1. Experiencia profesional na especialidade de coñecemento da convocatoria.

3.2. Dirección e xestión universitaria ou científica.

3.2.1. Cargos académicos.

3.2.2. Coordinación de titulacións.

3.2.3. Dirección de revistas ou editoriais científicas.

3.2.4. Participación en axencias de avaliación.

3.3. Outros méritos.

A acreditación dos méritos realizarase da seguinte maneira:

1. Experiencia docente.

1.1. Docencia universitaria en titulacións oficiais.

Folla de servizos ou contrato de traballo e certificación de docencia asinada pola autoridade competente.

1.2. Calidade docente.

Certificacións expedidas pola autoridade académica competente. No caso das publicacións, copia da primeira e da última páxina da publicación xunto co índice xeral e as páxinas que conteñan os créditos editoriais. No caso das comunicacións, certificación da participación no congreso e resumo do traballo ou copia da publicación no libro de actas.

2. Experiencia investigadora e de transferencia

2.1. Publicacións científicas.

No caso dos artigos publicados en revistas, DOI e/ou ligazón permanente ao traballo depositado en repositorios institucionais; no caso dos libros e capítulos de libro, a copia da primeira e da última páxina da publicación xunto co índice xeral e as páxinas que conteñan os créditos editoriais.

2.2. Comunicacións en reunións científicas.

A certificación de participación no congreso e o resumo do traballo ou a copia da publicación no volume de actas.

2.3. Bolsas e contratos pre e posdoutorais.

Copia do contrato ou da credencial de concesión da bolsa e certificación emitida pola autoridade competente en que conste o período efectivo de vinculación contractual ou de ser beneficiario/a da bolsa.

2.4. Estadías pre e posdoutorais.

O permiso da institución de orixe, invitación do centro de destino e certificación da realización da estadía.

2.5. Dirección de teses de doutoramento.

Certificación expedida pola autoridade académica competente.

2.6. Participación en proxectos de investigación de convocatorias competitivas e en convenios de investigación.

Certificación expedida pola autoridade académica competente, na cal consten o nome do proxecto, convenio ou contrato, a entidade financiadora, o financiamento recibido e o tipo de participación da persoa candidata.

2.7. Accións de transferencia e divulgación.

Certificacións emitidas polos organismos correspondentes.

3. Experiencia profesional e de xestión

3.1. Experiencia profesional na especialidade de coñecemento da convocatoria.

O informe de vida laboral, os contratos e a certificación da actividade profesional realizada que inclúa os postos e as funcións desempeñadas. Para as prácticas externas, a certificación expedida pola Universidade.

3.2. Dirección e xestión universitaria ou científica.

Certificación expedida pola autoridade competente.