DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 12 de novembro de 2026 Páx. 56746

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba e se publica a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo de médico/a de urxencias hospitalarias no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, convocado pola Resolución do 14 de agosto de 2026.

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 14 de agosto de 2026 (Diario Oficial de Galicia núm. 161, do 26 de agosto), convocouse proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A base 6.1 desta resolución establece que, expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión.

De conformidade coa dita base, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter provisional, a relación de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, convocado pola Resolución do 14 de agosto de 2026.

Segundo. Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as listaxes coa relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión, mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación, á cal se dirixiu a instancia de participación, que se deberá presentar nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos dispoñibles do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

Cuarto. O acollemento ou desacollemento das solicitudes de emenda entenderase implícito na resolución pola que se aprobe a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de novembro do 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos