IV. Oposicións e concursos
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 14 de outubro 2026 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, profesores técnicos de formación profesional, para extinguir, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).
Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 211, do mércores 4 de novembro de 2026, cómpre realizar a seguinte corrección:
– Na páxina 55364, na base décimo terceira, Modalidade de participación voluntaria, punto 2, onde di:
«Para os efectos previstos no punto 1 entenderase como data de finalización do curso o 31 de agosto de 2026».
Debe dicir:
«Para os efectos previstos no punto 1 entenderase como data de finalización do curso o 31 de agosto de 2027».