Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA CCH805 no treito entre os apoios núms. 8 e 15, na casa do concello de Muíños, segundo a data e horas que se sinalan no anexo.
As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer neste acto, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 3 de novembro de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos,
con domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2026/1-3.
Instalación: Regulamentación da LMTA CCH805 no treito entre os apoios núms. 8 e 15.
Concello: Muíños.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Convocatoria:
Data: 2 de decembro de 2026.
Lugar: casa do concello de Muíños.
Hora: véxase a táboa.
|
Nº de predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Hora |
|
1 |
Canda |
32052A035000010000RI |
Descoñecido/a |
13.00 |
|
3 |
Cabillón |
32052A036009630000RK |
Descoñecido/a |
13.05 |
|
5 |
Lamedeiro |
32052A036004010000RH |
Descoñecido/a |
13.10 |
|
6 |
Entre os Penedos |
32052A036005380000RL |
Manuel Martínez López |
12.30 |
|
7 |
Val de Rolo |
32052A036008520000RA |
Herdeiros de Julia Araújo González |
12.45 |
