Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócase a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT CDR807 reforma tramo entre CT Cordobelas (15CU37) e CT Campo da Cruz (15CU38), no concello de Cedeira (expediente IN407A 2022/067-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.
A Coruña, 28 de outubro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/067-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMT CDR807 reforma tramo entre CT Cordobelas (15CU37) e CT Campo da Cruz (15CU38).
Concello: Cedeira.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
3 |
Fonte do Sapo |
Polígono: 59 Parcela: 1401 |
Descoñecida |
9.12.2026 |
11.30 |
